Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte
Aparencia
Este artigo ou sección refírese ou está relacionado cun evento futuro. A información deste artigo pode cambiar frecuentemente. Por favor, non agregues datos especulativos e lembra colocar referencias a fontes fiables para dar máis detalles. |
O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (PAMCM) é un dos catro parques que constitúen o proxecto da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.
Comprenderá a construción dun centro de interpretación e actuacións sobre numerosos enclaves megalíticos distribuídos en 11 concellos da Costa da Morte (Cabana, A Laracha, Carballo, Laxe, Dumbría, Malpica, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Coristanco).
O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director[1]. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)
Monumentos integrantes
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]- O 6 de febreiro de 2003 o Consello da Xunta daba o visto e prace ao proxecto, cun investimento previsto de 4,5 millóns de euros.[2]
- En outubro de 2007 a Consellaría de Cultura anunciaba a súa intención de mercar 15 dolmens para este proxecto.[3]
- O 12 de xullo de 2011 aprobábase no Diario Oficial de Galicia a súa Declaración de Impacto Ambiental.[4]
- En 2014, uns traballos de reforestación danaron a Arquiña de Vilaseco ante o abandono deste proxecto por parte da administración autonómica[5].
- En outubro de 2023 a Deputación de A Coruña reservou unha partida de 200.000 euros para comenzalo proxecto. [6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gran Coruña, La Opinión de A Coruña. "35 condiciones para revivir megalitos - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-08-28.
- ↑ "El Consello de la Xunta aprueba el plan del Parque Arqueolóxico do Megalitismo" (en castelán). 2016-02-06. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ culturagalega.org (2007-10-23). "Cultura mercará quince dolmens da Costa da Morte para o Parque do Megalitismo. Cómpranse megálitos" (en castelán). Consultado o 2016-08-28.
- ↑ Galicia, Xunta de (2011-07-12). "O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de impacto ambiental do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte". Xunta de Galicia. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ Que pasa na Costa, Galicia Confidencial. "O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de abandono". Galicia Confidencial. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Reservada una partida de 200000 euros para arrancar el parque de megalitismo da Costa da Morte" (en castelán). 2023-10-19.