Pedra da Arca (Malpica de Bergantiños)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedra da Arca.
Pedra da Arca.

A Pedra da Arca, tamén chamado dolmen de Cerqueda, é un monumento megalítico (entre os anos 3.000 e 2.500 a.C.), situado na parroquia de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dun dolmen de corredor. Está orientado cara o sueste (mencer do solsticio de verán). Aínda que o estado de conservación non é óptimo, chama a atención a magnitude das pezas que o compoñen. Na parte exterior dalgúns dos ortóstatos, se se observa atentamente, podemos apreciar petróglifos.

Lenda[editar | editar a fonte]

Conta a lenda que a Arca (nome tradicional atribuído a este tipo de construción na zona) foi construída por unha moura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.