Arca do Rabós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°02′15.7″N 9°01′13.2″O / 43.037694, -9.020333A Arca do Rabós é un monumento megalítico situado nas proximidades da aldea de Rabós da parroquia de Baíñas, no concello de Vimianzo. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición[editar | editar a fonte]

Desde o chan do Cabral a Rabós e Baíñas esténdese un extenso campo de mámoas coñecido como Necrópole do Rabós. Esta zona caracterízase por seren terreos con pequenas lombas topográficas e existencia de brañas. Unha típica paisaxe megalítica que deixa ao descuberto no Rabós parte dunha anta: a Arca.

Conserva parte da tampa da cámara poligonal, soportada por dous esteos inclinados cara ao interior. Consérvase tamén parte do corredor (tres chantas verticais) orientado cara ao leste nesta mámoa profundamente profanada.

Segundo o experto Ramón Boga Moscoso, a cámara tería sete esteos dos que só se conservan dous, tamén comenta que se poden conservar gravados no seu interior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]