Fornela dos Mouros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°09′58.0″N 9°00′27.5″O / 43.166111, -9.007639

Dolmen da Fornela dos Mouros.jpg

A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición[editar | editar a fonte]

Data de entre o 2500 e o 2000 a. de C. Presenta planta rectangular e está ergueito por tres lousas verticais cunha horizontal a modo de cuberta. Ten 1,35 metros de alto e 2,57 metros de largo. A pedra da cuberta mide 2,70 metros.

Pola súa forma relaciónase con outros dolmens da zona como a Casota de Freáns, no veciño concello de Vimianzo. Os historiadores cuestionan a súa consideración de dolmen por mor das súas reducidas dimensións e a súa localización nun lugar rochoso, que fan pensar nun sitio pouco propicio para os soterramentos. Argumentan que probablemente se trate dunha desas arcas megalíticas cadradas ou rectangulares, con cuberta única e de feitura moi coidada, antecedentes do que serían as cistas de inhumación individual que apareceron en Galicia a partir da Idade de Bronce.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]