Pedra Vixía
Coordenadas: 43°02′15.7″N 8°56′49″O / 43.037694, -8.94694A Pedra Vixía é un monumento megalítico situado na parroquia de Lamas, no concello de Zas. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta anta atópase inserida nunha mámoa circular que mide arredor de 15 metros de diámetro. A estrutura está moi alterada e en moi malas condicións. Así, nove dos once esteos foron desprazados na década de 1950 por un veciño que aproveitou as pedras para a cimentación da súa vivenda. Semella que a cámara é de tipo poligonal tendente ao círculo e que o corredor de acceso mira cara ao leste. Conserva dous esteos na cuberta. O que fora a pedra cobertora concrétase nun bloque granítico rectangular que fica apoiado nun dos esteos da cámara, mide un metro e oitenta centímetros de alto por un metro e trinta de largo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pedra Vixía na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.