Justin Timberlake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Justin Timberlake
Justin Timberlake by Gage Skidmore 2.jpg
Justin Timberlake en xullo de 2016.
Nome completoJustin Randall Timberlake
Nacemento31 de xaneiro de 1981 (40 anos)
OrixeMemphis, Tennessee, Estados Unidos de América Estados Unidos
CónxuxeJessica Biel
FillosSilas Randall Timberlake
OcupaciónActor, cantante e bailarín
XéneroPop, R&B e dance
Instrumento(s)Voz, guitarra, teclado e beatboxing
Selo(s) discográfico(s)Jive e RCA Records
Relacionado con'N Sync e The Y's
Tempo en activo1993 - presente
Na rede
http://countdown.justintimberlake.com/
Justin Timberlake Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Justin Randall Timberlake, nado o 31 de xaneiro de 1981 en Memphis, Tennessee,[1] é un actor, cantante, compositor, bailarín e empresario estadounidense.[2] É un dos artistas musicais con maior número de vendas a nivel mundial, con arredor de 88 millóns de copias en todo o mundo. Timberlake foi candidato a numerosos premios e recoñecementos, entre os que se inclúen dez Premios Grammy, catro Premios Emmy, tres Brit Awards e nove Billboard Music Awards. De acordo coa revista Billboard, é o mellor artista solista masculino na historia do Mainstream Top 40.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo neno apareceu nos programas de televisión Star Search e The All-New Mickey Mouse Club. A finais da década de 1990, Timberlake acadou recoñecemento como un dos vocalistas principais e membro máis novo do grupo musical de NSYNC, que acabou por se converter nunha das boy bands con mellores números de vendas de tódolos tempos. Timberlake gañou dos Premios Grammy polo seu álbum en solitario Justified (2002) e o seu sinxelo "Cry Me a River". Outro sinxelo do álbum, "Rock Your Body", tamén tivo éxito.

O seu segundo álbum FutureSex/LoveSounds (2006) tivo moi boa acollida pola crítica e caracterizouse pola súa diversidade de estilos musicais. Estreouse colocándose nos primeiros postos da lista Billboard 200 e tamén no número un da Hot 100 cos sinxelos "SexyBack" (con Timbaland), "My Love" (con T.I.) e "What Goes Around... Comes Around". Consolidado como artista solista a nivel mundial, os seus dous primeiros álbums superaron os 10 millóns de copias vendidas. Entre 2008 e 2012 Timberlake centrouse na súa carreira como actor, apartando durante uns anos a música. Tivo papeis protagonistas nos filmes The Social Network, Bad Teacher, Friends with Benefits e In Time.

Timberlake retomou a súa carreira musical en 2013 con dous álbums máis, The 20/20 Experience e The 20/20 Experience – 2 of 2, nos que explora o estilo neo soul, inspirado parcialmente polas estruturas musicais do rock dos anos 1960 e 1970. O terceiro álbum foi o máis vendido do ano e dous dos seus sinxelos estiveron nos primeiros postos: "Suit & Tie" (con Jay-Z) e "Mirrors". Timberlake tamén fixo a dobraxe de Branch no filme de DreamWorks Animation Trolls (2016), cuxa banda sonora inclúe a súa canción "Can't Stop the Feeling!". O seu quinto álbum Man of the Woods (2018) converteuse no seu cuarto número un nos Estados Unidos. Con dous sinxelos nos primeiros postos, "Filthy" e "Say Something" (con Chris Stapleton), acabou o 2018 como o sexto álbum máis vendido do ano.[3]

Discografía en solitario[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como protagonista

Xiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.