Pablo Alborán
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz 31 de maio de 1989 (35 anos) Málaga, España |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, pianista, guitarrista, cantante, compositor de cancións |
Período de actividade | 2010 - |
Xénero artístico | Pop latino, música pop e Flamenco |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, piano e Barítono |
Selo discográfico | EMI |
Familia | |
Pais | Salvador Moreno Peralta e Elena Ferrándiz Martínez |
Irmáns | Casilda Alborán Salvador Moreno |
Premios | |
| |
Páxina web | pabloalboran.es |
Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz,[1] nado en Málaga o 31 de maio de 1989, e popularmente coñecido como Pablo Alborán, é un cantante español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai malagueño —descendente de Francisco Moreno Fernández, primeiro Marqués de Alborán— e nai francesa, desde moi novo empezou a interesarse pola música e xa aos sete anos comezou a dar clases de piano no Ateneo de Málaga a cargo de Elena Otieva. Proseguiu os seus estudos de música con clases de guitarra clásica, guitarra flamenca e dous anos de guitarra acústica.[2] Os seus estudos seguiron completándose dando clases de canto con María Adela Merchán na súa cidade natal, e lírico con Alain Damas en Madrid.
A partir dos doce anos compón as súas primeiras cancións: 'Amor de Barrio' e 'Desencuentro', que se atopa no seu disco debut. A súa andaina artística empezouna da man dunha familia flamenca que actuaba nun restaurante de Málaga, quen lle bautizaron como "El blanco moreno". É aí onde actúa por primeira vez en solitario.
Finalmente e co paso dos anos, Pablo coñece ao produtor Manuel Illán. Gravou unha maqueta onde incluía unha versión do tema 'Deja de volverme loca' de Diana Navarro. Grazas a Illán esa versión chegou a oídos de Diana, quen mostrou un grande interese polo mozo e converteuse na súa madriña musical.
Pablo, entón, presentou un total de corenta cancións compostas por el para o proceso de selección do que sería o seu primeiro disco. Durante ese proceso Pablo colgou algunha das súas cancións en YouTube para darse a coñecer dunha forma próxima.[3] Deste xeito, foi escoitado por todo tipo de público, incluída a cantante Kelly Rowland quen quedou asombrada coa súa voz.[4][5] A partir de aí Pablo Alborán apareceu nas redes sociais e o boca á boca converteuse na súa mellor forma de promoción.
A mediados do mes de outubro de 2010 saíu á venda dixital o seu primeiro sinxelo, 'Solamente tú', co que empezou a soar nas radios nacionais. O 1 de febreiro de 2011 saíu á venda o seu primeiro disco, Pablo Alborán; desde a primeira semana lidera as listas de vendas en España,[6] converténdose ata en número un en iTunes.
Pablo Alborán comezou a súa primeira xira con banda ao completo o 27 de maio de 2011 en Madrid no Palacio de Vistalegre, e durante os meses seguintes percorreu a maior parte da xeografía española e varios países latinoamericanos, entre eles Arxentina, Chile e México.[7] En novembro dese mesmo ano publicou o seu segundo disco, En acústico, gravado en directo e en acústico coas cancións do seu primeiro álbum, incluíndo ademais dous novos temas e catro bonus track. 'Perdóname' foi o primeiro sinxelo deste traballo, que interpreta a dúo xunto á cantante portuguesa Carminho.[8]
O 9 de decembro de 2011 gañou o seu primeiro premio, o 40 Principales como Artista Revelación dese ano. O malagueño ademais colocou o seu álbum homónimo no número 3 dos máis vendidos en iTunes Store, e o seu sinxelo "Solamente tú" alcanzou o sétimo lugar en vendas no país.[9]
O 27 de decembro foi gañador da VII edición do Disco do Ano de TVE polo seu álbum de debut Pablo Alborán.[10] Na primeira semana de 2012, o seu álbum En acústico é disco de ouro en Portugal e alcanza o primeiro lugar do top de vendas nacional dese país.[11]
Discografía
[editar | editar a fonte]- 2011. Pablo Alborán
- 2011. En acústico
- 2012. Tanto
- 2014. Terral
- 2015. Tour Terral
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moreno de Alborán é un único apelido, composto.
- ↑ "Un talento que viene de la Red", en El País, 20 de xuño de 2010 (en castelán).
- ↑ O cantautor malagueño Pablo Alborán encherá a Sala Galileo de Madrid antes de publicar o seu primeiro disco, en 20 minutos, o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ Pablo Alborán debuta acompañado por Diana Navarro e Estrella Morente, en El Mundo, 10 de xuño de 2010.
- ↑ Pablo Alborán: debut de altura, en La Opinión de Málaga, 9 de xuño de 2010.
- ↑ Pablo Alborán e 'Solamente tú', a revelación musical deste 2011 Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine., en Qué!, 6 de febreiro de 2011.
- ↑ eluniversal.com.mx (4 de novembro de 2011). "Pablo Alborán e Lovato a dueto en Grammy Latinos". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ europapress.es (15 de novembro de 2011). "Pablo Alborán: "As miñas mellores vacacións son encerrarme no meu estudo coa miña guitarra e o meu piano"".
- ↑ PC World (9 de decembro de 2011). "iTunes Rewind 2011, o mellor do 2011 en iTunes". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2012.
- ↑ diariosur.es (28 de decembro de 2011). "Pablo Alborán, disco do ano en TVE".
- ↑ afp.org.pt (10 de xaneiro de 2012). "Top Oficial da Associação Fonográfica Portuguesa".[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Alborán |