Aitana Ocaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Aitana Ocaña Morales 27 de xuño de 1999 (25 anos) Sant Climent de Llobregat, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Aitana |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante , artista discográfico , actriz |
Período de actividade | 2017 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa |
Instrumento | Voz, piano e guitarra |
Selo discográfico | Universal Music Spain |
Participou en | |
2017 | Operación Triunfo (2ª) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Sebastián Yatra (2023–2024) Miguel Bernardeau (2018–2022) |
Premios
| |
Páxina web | aitanamusic.es |
Aitana Ocaña Morales, nada en Sant Climent de Llobregat o 27 de xuño de 1999, coñecida simplemente como Aitana, é unha cantante española. Deuse a coñecer no ano 2017, cando formou parte da novena tempada de Operación Triunfo. Obtivo o segundo posto no concurso musical, sendo unha dos seis candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con «Arde» en solitario e «Lo malo» en dueto coa tamén concursante Ana Guerra.
O sinxelo «Lo malo», que quedou en terceiro lugar cun 26%, acadou o número un nas listas musicais de España e obtivo catro discos de platino con 160 000 compras dixitais. Ao finalizar o concurso, Aitana asinou un contrato coa discográfica Universal Music Group e lanzou o seu sinxelo debut, «Teléfono», o cal se converteu no seu segundo sinxelo número un, que tamén acadou triplo disco de platino. O lanzamento do seu primeiro EP, «Tráiler», con temas en inglés e en español, produciuse o 30 de novembro de 2018 e xa é disco de ouro en España.
Discografía
[editar | editar a fonte]EPs
- 2018: "Tráiler"
Sinxelos
- 2018: «Lo malo» (con Ana Guerra)
- 2018: «Teléfono»
- 2018: «Vas a quedarte»
Colaboracións
- 2018: «El Mundo Entero» (con Agoney, Ana Guerra, Mimi Doblas, Raoul Vázquez e Maikel Delacalle)
Bandas Sonoras
- 2018: «Tu pots canviar-ho tot (has de viure)» (versión de «What a Feeling», para o disco de La Marató de TV3)
- 2019: «Hay Algo Más» (canción da BSO de La Gran Aventura dos Lunnis y el Libro Mágico)