Raoul Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raoul Vázquez
Nome completoRaúl Vázquez García
Nacemento19 de marzo de 1997
Lugar de nacementoMontgat
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante, compositor e actor
IrmánsÁlvaro Vázquez
Na rede
IMDB: nm8781734 Twitter: raoulvazquez Instagram: raoulvazquez Youtube: UC3TLHPHJfN8c5wPnuWsUa8w TikTok: vazquezraoul Spotify: 0P9kGWWUX38kvwbqMePLBr iTunes: 1302827263 Musicbrainz: fdff9e88-df88-40c0-b84b-e118c1bff920 Songkick: 9403264 Discogs: 6413275 Genius: Raoul-vazquez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Raúl Vázquez García, coñecido como Raoul Vázquez, nado en Montgat o 19 de marzo de 1997, é un cantante e compositor español. Comezou a gañar notoriedade a finais de 2016 coa súa participación na cuarta edición do programa de televisión La voz.[1] O seu ascenso á fama chegou un ano despois, a finais de 2017, cando participou na novena edición de Operación Triunfo.[2]

É irmán do futbolista Álvaro Vázquez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Naceu na localidade barcelonesa de Montgat, nunha familia de orixe galega, con raíces en Lugo e Portomarín,[3] sendo o segundo fillo de Susana García e Manuel Vázquez. O seu irmán máis vello é o futbolista Álvaro Vázquez.[4] Aos 14 anos mudouse xunto coa súa familia a Swansea, despois de que seu irmán fose cedido do Getafe ao Swansea City. Aínda que sempre quixo ser cantante, non foi ata os 16 anos cando unha mestra o motivou para tomar clases de canto e interpretación e para asistir a audicións. Así comezou a súa formación na técnica vocal que continuaría tralo seu regreso a España.[5] Foi durante a súe etapa en Gales cando engadiu un "o" ao seu nome, converténdoo en "Raoul".[5]

La Voz 2016[editar | editar a fonte]

En outubro de 2016 presentouse ás "audicións a cegas" do programa de talentos La voz emitido por Telecinco, interpretando "Jar Of Hearts" de Christina Perri,[6] conseguindo que Melendi o seleccionase para o seu equipo.[7] Enfrontouse na fase de batalla contra o seu compañeiro Job Navarrete interpretando a canción "Impossible" de James Arthur,[8] logrando eliminalo e pasar de rolda. Finalmente foi eliminado ás portas dos cuartos de final coa súa interpretación de "I'm Not The Only One" de Sam Smith.[9] Malia ser eliminado, Melendi pediulle a Universal Music que lle cedese a carreira de Raoul para axudarlle a publicar o seu primeiro traballo no mercado.[10] Nesa mesma edición coincidiu coa daquela descoñecida Belén Aguilera.

Operación Triunfo 2017[editar | editar a fonte]

Na primavera de 2017, mentres traballaba nun hotel de Eivisa transportando equipaxes e como cantante, presentouse ás audicións de Operación Triunfo, programa que volvía a TVE despois de seis anos sen se emitir.[11] En outubro foi seleccionado para ingresar na academia defendendo en directo, durante a primeira gala da edición, «Catch and Release» de Matt Simons.[12] Durante a edición destacou a súa versión de "Million Reasons" de Lady Gaga.[13] Finalmente foi o sétimo expulsado do programa, co 46% dos votos, fronte ao 54% do ourensán Cepeda. Unha vez finalizado o certame, os 16 participantes da edición iniciaron unha xira de 25 concertos por toda España, entre febreiro e decembro de 2018,[14] actuando en escenarios como o estadio Santiago Bernabéu, ante 60.000 persoas, ou tres veces no Palau Sant Jordi, ante un total de 51.000 persoas.[15] Durante os concertos interpretou co resto dos concursantes cancións corais, "Million Reasons" en solitario, e "Manos vacías" de Miguel Bosé a dúo co seu compañeiro Agoney.[16]

2018 - presente[editar | editar a fonte]

Despois de pasar por Operación Triunfo asinou con Universal Music para iniciar a súa carreira como cantante. Durante o primeiro semestre de 2018 traballou xunto a tres compañeiros de OT (Mimi Doblas, Nerea Rodríguez e Agoney) na formación dun grupo musical baixo o nome "Delta". Con todo, o proxecto foi descartado e cada un emprendeu o seu camiño en solitario.[17]

Raoul Vázquez no Wizink Center de Madrid, CCME 2018. Presentando o seu primeiro sinxelo

En outubro de 2018 participou no festival Coca-Cola Music Experience,[18] celebrado no WiZink Center de Madrid, onde estreou unha versión previa do seu primeiro sinxelo "Estaré ahí" ante 15.000 persoas. Ademais, durante ese mesmo mes, uniuse a Javier Calvo e Javier Ambrossi no musical La Llamada, representado no Teatro Lara, onde interpretou a personaxe de Deus desde outubro de 2018, saíndo de xira por toda España durante 2019.[19] En decembro de 2018 lanzou "Tus monstruos" coa súa amiga Belén Aguilera,[20] unha canción composta por ela mesma que xa lanzara en solitario no outono dese mesmo ano.[21] En xuño de 2019 publicou "Estaré ahí",[22] o seu primeiro sinxelo en solitario,[23] unha balada da que é intérprete, compositor e coprodutor, baseada nas vivencias persoais do artista. O videoclip conseguiu máis de 200.000 visualizacións en Youtube ao longo do primeiro día de lanzamento e o sinxelo fíxose co primeiro posto en todas as plataformas de venda dixital.[24] En 2019 estreou xunto a Nerea Rodríguez a canción "Por Ti" que forma parte da banda sonora da película "Terra Willy: Planeta desconocido" cuxos ingresos foron destinados á fundación Pequeño Deseo.[25]

A principios de 2020 realizou unha xira chamada "#3Tour" xunto cos seus compañeiros Nerea Rodríguez e Ricky Merino, ofrecendo catro concertos nas cidades de Barcelona, Bilbao, Málaga e Madrid.[26] En febreiro de 2020 participou como convidado de Nerea Rodríguez en Tu cara me suena para imitar con ela a Shawn Mendes e Camila Cabello na canción "Señorita".[27] En setembro dese mesmo ano, Raoul publicou o sinxelo “Pídeme”,[28] xunto a Mireya Bravo, tamén integrante de Operación Triunfo, que se converteu no número 1 das listas de iTunes España e de Amazon Music.[29] En xuño de 2021, xunto ao DJ Hektor Mass, lanzou o sinxelo "Caníbales" acadando o número 1 das listas de iTunes en España e na Arxentina.[30]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El hermano de un jugador del Espanyol dará el cante en ‘La Voz’". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  2. "Raoul Vázquez, hermano de Álvaro Vázquez, jugador del Espanyol, es uno de los concursantes de OT 2017". Marca (en castelán). 25 de outubro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  3. Veiga, Marta (20 de decembro de 2017). "OT: un galego para expulsar outro". El Progreso. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  4. "Álvaro y Raoul Vázquez: la historia de dos hermanos que levantan pasiones" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Coneixes Raoul Vázquez?" (en catalán). 14 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  6. "Raúl Vázquez". la-voz.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  7. Brey, V. (19 de novembro de 2017). "El pasado televisivo de los concursantes de «Operación Triunfo 2017»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  8. "Raúl Vázquez y Job Navarrete cantan ‘Impossible’ de James Arthur" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  9. "Raúl Vázquez canta ‘I’m not the only one’ en el ‘Último asalto’". la-voz.es (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  10. "'La Voz': Melendi elimina al hermano del futbolista pero le ficha para sacar disco" (en castelán). 17 de noviembre de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  11. "Raoul es concursante de OT". RTVE (en castelán). 20 de outubro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  12. "Así han sido las actuaciones de la gala 0 de 'OT 2017'" (en castelán). 24 de outubro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  13. Costas, Nayín (22 de xaneiro de 2018). "10 actuaciones de 'OT 2017' para el recuerdo" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  14. "Operación Triunfo congrega cerca de 20.000 fieles en la Cartuja" (en castelán). 3 de junio de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  15. Loren, Eduardo (30 de xuño de 2018). "Cinco momentazos y tres errores del concierto de 'OT' 2017 en el Santiago Bernabéu" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  16. "El beso de Agoney y Raoul "por el amor, la libertad y la visibilidad" en la gira de OT 2017". Marca (en castelán). 4 de marzo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  17. García, Alejandro (13 de setembro de 2018). "Agoney desvela cómo se iba a llamar el grupo que pretendía formar junto con Mimi, Raoul y Nerea" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  18. "Raoul, el lobo que brillará en Coca-Cola Music Experience Fan Edition" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  19. Bravo, Julio (28 de maio de 2019). "«La llamada» se va de gira". ABC (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  20. "Belén Aguilera y Raoul Vázquez nos presentan Tus monstruos". LOS40 (en castelán). 19 de decembro de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  21. "Raoul Vázquez presenta tema con Belén Aguilera: “Tus Monstruos”". La Vanguardia (en castelán). 19 de decembro de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  22. Trias, Enric (20 de xuño de 2019). "Raoul de ‘OT’: “Compuse la canción para dejar claro a una persona que no podía más”". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  23. "Raoul Vázquez presenta "Estaré ahí"" (en castelán). 20 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  24. "El catalán de OT Raoul Vázquez triunfa con el lanzamiento de su primer 'single'" (en castelán). 20 de xuño de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  25. "Nerea y Raoul, de 'OT', ponen voz y música a la película 'Terra Willy: Planeta Desconocido'" (en castelán). 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  26. "Nerea Rodríguez, Raoul y Ricky Merino se unen para #3Tour". LOS40 (en castelán). 25 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  27. Jiménez, Roberto (8 de febreiro de 2020). "‘Tu cara me suena’: así ha sido la sensual actuación de Nerea y Raoul Vázquez" (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  28. Palao Murcia, Alberto (15 de setembro de 2020). "Mireya Bravo y Raoul Vázquez anuncian el nombre y la fecha de su colaboración". LOS40 (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  29. "La ex OT Mireya Bravo se muestra "al 100% " con el single 'Pídeme'". Telemadrid (en castelán). 6 de outubro de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  30. "Raoul Vázquez: “Para este tema he sacado mi lado más sensual y atrevido”". La Vanguardia (en castelán). 19 de xuño de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]