Saltar ao contido

Agoney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAgoney

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Agoney Hernández Morales Editar o valor en Wikidata
18 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Adeje, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAgoney Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop e indie pop Editar o valor en Wikidata
TesituraContratenor e soprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz, piano e trompeta Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata
Participou en
4 de febreiro de 2023Benidorm Fest 2023 - final (en) Traducir (2º)
31 de xaneiro de 2023Benidorm Fest 2023, first semi final (en) Traducir (1º) Editar o valor en Wikidata

Páxina webagoneyoficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9380749 Facebook: AgoneyOficial Twitter: Agoney Instagram: agoney Youtube: UCLgvJb9E8Q_X0Pp-zx1Mk8Q Spotify: 4jKvQ93sRiKroRRaAI6Fqk iTunes: 825864406 Last fm: Agoney Musicbrainz: 0fc60d07-945c-4d88-a87b-60e3af60c205 Discogs: 6371627 Allmusic: mn0003708152 Deezer: 13460415 Genius: Agoney Editar o valor en Wikidata

Agoney Hernández Morales, máis coñecido como Agoney, nado en Adeje (Tenerife) o 18 de outubro de 1995, é un cantante español. Deuse a coñecer grazas ao concurso de televisión Operación Triunfo 2017 de Televisión Española,[1] onde quedou na sexta posición.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Agoney comezou a tocar a trompeta aos 6 anos e comezou a cantar aos 14. Estudou bacharelato en artes escénicas e, antes de unirse a Operación Triunfo, foi cantante nun hotel de Tenerife. Foi sexto en Operación Triunfo e foi o último expulsado da edición, pero puido optar por representar a España no Festival de Eurovisión, grazas á canción "Magia", que cantou a dúo con Miriam Rodríguez Gallego. Ao final, non foi elixido para representar a España. A pesar diso, tivo moito éxito no seu país.[2]

Despois de deixar o programa, Agoney converteuse nunha icona da comunidade LGBT, de feito foi un dos pregoeiros do Festival do Orgullo LGBT en Madrid 2018.[3] Entre outubro e decembro de 2018, fixo a súa primeira xira en solitario. A xira comezou o 11 de outubro de 2018 na súa cidade natal, Adeje, e visitou as principais cidades españolas como Madrid, Valencia, Barcelona ou Zaragoza.

En novembro de 2019, Agoney fixo a súa primeira xira musical fóra de España, visitando Arxentina.[4] En agosto de 2020 publicouse o disco debut Libertad, que se situou como o álbum máis escoitado en España.[5]

O 26 de outubro de 2022 deuse a coñecer a súa participación no Benidorm Fest 2023, acto celebrado para seleccionar a candidatura representativa de España no Festival de Eurovisión dese ano.[6] O 19 de decembro, Agoney publicou nas súas redes sociais a canción "Quiero arder", a súa candidatura ao Benidorm Fest 2023,[7] comezando como o gran favorito do público.[8] Finalmente Agoney foi segundo na clasificación cun total de 145 puntos.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Libertad (2020)
  • Libertad Tour (2022)
  • Dicotomía (2024)
  • «Quizás» (2018)
  • «Black» (2019)
  • «Libertad» (preludio, 2020)
  • «Más» (2020)
  • «Edén» (2020)
  • «Soy Fuego» (2021)
  • «¿Quién Pide Al Cielo Por Ti?» (2021)
  • «Bangover» (2022)
  • «Cachito» (2022)
  • «Quiero arder» (2022)
  • «Intacto» (2023)
  • «Tormenta» (2024)
  • «Éxtasis» (2024)

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  1. "Agoney Hernández". Formula TV (en castelán). Noxvo. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  2. Agoney desplaza a Anuel AA del número 1 en España con su debut discográfico La Vanguardia.
  3. Los Javis, Agoney y Marina (OT) y el waterpolista Víctor Gutiérrez serán los pregoneros del Orgullo 2018 El Periódico.
  4. "Agoney visita por primera vez Argentina". elmarplatense.com. El Mar Platense. Consultado o 1 de novembro de 2019. 
  5. "Top 100 Albums Weekly". EPDM. Promusicae. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  6. "Agoney, Alfred García, Meler y Alice Wonder, entre los aspirantes para el 'Benidorm Fest 2023'". Diario de Navarra. Consultado o 26 de outubro de 2022. 
  7. "Agoney estrena «Quiero Arder», su explosiva propuesta para el Benidorm Fest 2023". Moobys. Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  8. "Agoney y Fusa Nocta, primeros favoritos en las encuestas del Benidorm Fest tras publicarse las canciones". El Independiente. Consultado o 20 de decembro de 2022.