Noemí Galera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNoemí Galera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora de televisión , casting director (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorGestmusic Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1402149 Twitter: NoemiGaleraN Instagram: noegalera Editar o valor em Wikidata

Noemí Galera Nebot, nada en Barcelona o 2 de febreiro de 1967,[1] é unha produtora de televisión e directora de casting de Gestmusic Endemol, ademais de xurado en varios talent shows e directora da academia de Operación Triunfo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É directora de casting de Gestmusic Endemol, onde dirixiu os castings das edicións de Operación Triunfo (nas cales exerceu tamén as labores de subdirección e algunhas edicións participou tamén como xurado do programa), de Eurojunior e ¡Tu gran día!, para TVE, Lluvia de estrellas para Antena 3, Allá tú para Telecinco e Amor a primera vista para TV3, entre outros.

Ademais, dirixiu os programas Un siglo de canciones, 2000 canciones e Nuestras canciones para Canal 9, 100 anys de cançons para TV3 e Tu gran día para TVE, entre outros.[2]

Tamén codirixiu os programas de TVE Todos con Ramón: Operación Eurovisión, Vicente, Ramón, Miguel y Davinia: Operación Eurovisión, La historia: Destino Eurovisión, Generación OT, Operación Eurovisión-2003, Ainhoa Cantalapiedra y amigos, Manuel Carrasco y amigos e Beth y amigos.

Formou parte do xurado das edicións de Operación Triunfo de 2005, 2006, 2008, 2009 e 2011, ademais de Operación Tony Manero e Tú sí que vales.

En 2013, participou en El número uno como directora de castings escollendo as cancións para os concursantes deste programa.[3]

En 2014 retomou o seu posto como xurado en ¡Mira quién baila!, avaliando as actuacións dos bailaríns da novena edición en La 1. Os seus outros compañeiros do xurado foron Ángel Corella, Norma Duval e Miguel Ángel Rodríguez.[4] Dende o 16 de outubro de 2016 até o 31 de outubro de 2016 presentou OT: El reencuentro con Manu Guix, coincidindo cos concursantes da primeira edición de Operación Triunfo.[5]

En marzo de 2017, púxose á fronte do casting de Tu cara no me suena todavía, a versión de anónimos de Tu cara me suena, en Antena 3.[6] Encargouse de dirixir a etapa de castings da nova edición de Operación Triunfo e de escoller os novos concursantes, e o 18 de xullo de 2017 sóubose que sería a nova directora da academia de Operación Triunfo, programa que se emitiu dende finais de outubro en La 1 de TVE.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Noemí casou no ano 2009 co músico e compositor Arnau Vila, colaborador nas producións de Miguel del Arco e os talent shows de Gestmusic Endemol, e teñen dous fillos, Aina (nada en 2010) e Lluc (nada en 2012).[8]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Noemí Galera" (en castelán). Consultado o 2021-07-07. 
  2. "OT 2017: Noemí Galera, mucho más que la directora de Operación Triunfo". HOLA USA (en castelán). 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  3. "Para entrar a 'El Número Uno' ha que tener "ganas, afinar y comerte el escenario"" (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  4. "El Sevilla, Noemí Galera, Norma Duval y Ángel Corella, jurado de 'Mira quién baila'". FormulaTV (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. "OT: El Reencuentro: Todo lo que se vivió en el primer capítulo". La Vanguardia. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  6. "Noemí Galera y Àngel Llàcer, juntos en 'Tu cara no me suena todavía'". Antena3.com (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  7. El País (18 de xullo de 2017). "‘Operación Triunfo’ 2017: Noemí Galera dirigirá la nueva academia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  8. Semana. "El álbum más íntimo de Noemí Galera y Arnau Vila, la pareja más consolidada de 'Operación Triunfo'". Revista Semana (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.