Luis Cepeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Cepeda
Nome completoLuis Cepeda Fernandez
AliasCepeda
Data nacemento26 de agosto de 1989
Nado enOurense
Ocupacióncantante, compositor e enxeñeiro industrial
XéneroPop e balada
Instrumento(s)Guitarra
Tipo de vozTenor
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Group (2018-presente)
Tempo en activo2015-presente
PseudónimoCepeda
Na rede
https://www.cepedaoficial.com
IMDB: nm9380745 Facebook: Luiscepedaoficial Twitter: cepedaoficial Instagram: cepeda Telegram: cepedachannel Youtube: UCSL1ar73FaYR3QeIuXajK3A Spotify: 5AMBCoLbNgVCbA3XYMRlks iTunes: 2595539 Last fm: Cepeda Musicbrainz: 84092226-7700-4e93-a166-c231ca1ed352 Songkick: 9403234 Discogs: 6413601 Allmusic: mn0003730794 Deezer: 4073579 Genius: Cepeda Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luis Cepeda Fernández, nado en Ourense o 26 de agosto de 1989[1], é un cantante e compositor galego, coñecido como Cepeda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Seus pais son mestra e arquitecto quen decidiron que, durante a nenez e a adolescencia, estivese alleo aos televisores; aínda que esta falta de televisores e, ao estar rodeado de músicos na familia, espertoulle o seu carácter autodidacta, que non xermolou até a universidade pasando as tardes na súa habitación cantando, compoñendo e tocando a guitarra.

Cepeda herdou o seu gusto pola música da súa familia xa que o seu tío, o falecido Alberto Cepeda, foi integrante do grupo de rock Desmadre 75, creador de temas como «Saca el güisqui, Cheli» en 1975 ou «Vamos de excursión» en 1976.[2][3]

Durante estes primeiros anos aficionouse ao debuxo, a pintura e a facer maquetas. Tamén comezou a xogar ao baloncesto, deporte no que xogaba no equipo do seu centro educativo, os Maristas, e logo en categorías inferiores de Ourense.[4]

Estudos universitarios[editar | editar a fonte]

Cepeda comezou os seus estudos universitarios na Universidade da Coruña, onde realizou o tres primeiro cursos de Arquitectura (arquitectura técnica). Posteriormente trasladouse a Madrid e graduouse en Deseño Industrial na Universidade Alfonso X o Sabio. En Madrid, continou a dar renda solta á súa paixón polo baloncesto, xogando en equipos da facultade.

Tamén comezou a traballar para unha ONG, onde captaba clientes cantando na rúa, algo que continuou en Barcelona mentres completaba a súa formación cun mestrado en Deseño para a Automoción.[5]

Influencias musicais[editar | editar a fonte]

A pesar de crecer escoitando punk-rock, o cal é un dos seus estilos musicais favoritos a nivel persoal, afirma que Antonio Orozco, David Otero, India Martínez ou Pablo López son algunhas das súas maiores inspiracións musicais.[6]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2015-2016: Inicios[editar | editar a fonte]

En 2015, audicionou para a terceira tempada do talent show La Voz de Telecinco, coa esperanza de mellorar e desenvolver as súas habilidades musicais. Presentouse á audición ás cegas cantando unha versión de «Wherever You Will Go» do grupo The Calling. Tras finalizar a súa actuación, o concursante logrou facer que tres dos catro preparadores —Alejandro Sanz, Malú, Laura Pausini e Antonio Orozco— virasen as súas cadeiras, para logo eloxialo pola súa voz. A pesar do ofrecemento da cantante italiana de acompañala na súa xira, Cepeda elixiu a Malú como preparadora.[7] No seu primeiro enfrontamento nos duelos fronte a Joaquín Garli cantando «Wake Me Up» de Avicii, foi eliminado do programa.

2017-2018: Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

No 2017, presentouse aos castings de Operación Triunfo, concurso musical que volvía tras anos sen emisión, sendo seleccionado para entrar na Academia cantando o tema «Tú Me Obligaste» de Antonio José.[8] Foi seleccionado para cantar con Morat «Yo Contigo, Tú Comigo» na gala 2, e durante o concurso versionou outras cancións coma «No Puedo Vivir Sin Ti» (Los Ronaldos), «Reggaetón lento (Bailemos)» (CNCO), «Complicidad» (Vanesa Martín), «Dancing on My Own» (Calum Scott), «Pedacitos de ti» (Antonio Orozco), «Quien» (Pablo Alborán), «Mi héroe» (Antonio Orozco), «Vencer al amor» (India Martínez), e «Say you won't let go» (James Arthur) entre outras; tamén cantou «Lucia» .[9] Ao longo do seu paso polo programa, foi proposto polo público como favorito en dúas ocasións e nomeado cinco veces polo xurado do programa. Tras ser salvado polo público até en catro ocasiones (tres delas consecutivas), finalmente sería expulsado na gala 9.[10] Quedou en noveno lugar.[11]

Trala súa saída de OT, Cepeda e o resto de compañeiros do programa iniciaron a xira OT 2017 en concerto o 3 de marzo de 2018 en Barcelona e percorreron varias cidades ao longo de todo o ano.[12]. O concerto máis multitudinario foi ante 60.000 persoas no emblemático Estadio Santiago Bernabeu, onde lles acompañaron grandes artistas como Pastora Soler, Zahara, David Bustamante, Luis Fonsi e Raphael. O 27 e 28 de decembro de 2018 reuníronse de novo para finalizar de forma definitiva esta etapa de concertos, despois do último que fixeron o 25 de agosto en Almería, xusto onde a empezaron: no Palau Sant Jordi de Barcelona.

2018-2020: Principios[editar | editar a fonte]

Trala súa saída do programa, fichou por Universal Music Group e comezou a compoñer cancións propias, colaborando co cantante Andrés Suárez, co cal compuxo unha canción titulada "El Silencio Dijo Si", e con David Santisteban.[13][14] A finais do mes de marzo, Cepeda publicou un breve adianto de «Por ti estaré», tema que estaría incluído posteriormente no seu álbum debut.[15]

En marzo de 2018, Cepeda acudiu aos Premios Dial celebrados no Centro Internacional de Feiras e Congresos de Tenerife, xunto a algúns dos seus compañeiros de OT 2017 para recoller o galardón coma Fenómeno Musical do ano.[16]

O 1 de xuño de 2018 publicou o seu primeiro sinxelo, titulado «Esta vez», o cal debutou na lista de vendas oficial de España no número 1, e cuxo éxito lle valeu unha certificación de platino.[17][18] Dous días despois do lanzamento do primeiro sinxelo do álbum, Cepeda anunciou que o seu álbum debut sairía á venda o 29 de xuño, coincidindo a data co macro-concerto benéfico da xira do elenco de Operación Triunfo 2017 no Estadio Santiago Bernabéu da cidade de Madrid.[19][20] Ademais, xunto a Roi Méndez e Miriam Rodríguez (tamén concursantes de OT 2017), foi abreconcertos da banda Queen no concerto do 10 de xuño no Palau Sant Jordi de Barcelona.[21]

O 22 de xuño de 2018 publicou «Llegas tú», canción que comezou a compoñer durante a súa estancia na academia de Operación Triunfo.[22] Finalmente, unha semana despois, saíu á venda o seu álbum debut, Principios, que veu acompañado das súas primeiras firmas e o anuncio dalgunhas das datas da súa primeira xira en solitario, e co cal conseguiu situarse no primeiro posto da lista de vendas oficial de España, conseguindo ser disco de ouro nunha semana.[23][24][18] O álbum estaría cinco semanas consecutivas coma número 1.

Durante ese ano, o cantante participou coma artista convidado en diferentes concertos de compañeiros coma Antonio José, David Otero e Antonio Orozco.[25][26]. O 10 de outubro de 2018 comezou a súa primeira xira en solitario, "Gira Principios", que se prolongou até o 25 de xaneiro de 2020.

Tralo éxito do seu primeiro traballo, o 14 de xuño de 2019 sacou á luz a reedición do seu primeiro álbum "Principios", baixo o título de "Nuestros Principios", conseguindo disco de platino na primeira semana coa venda acumulada do álbum orixinal; coma carta de presentación desta reedición publicou un novo sinxelo, «Mi Reino», o 24 de maio de 2019.[27] O traballo inclúe os temas orixinais do seu primeiro álbum xunto a outros 9 temas, entre os que se atopan colaboracións con Antonio José e India Martínez.

O 28 de setembro de 2019 comezou unha xira de concertos xunto á súa excompañeira de OT 2017 Ana Guerra, a "Gira imginBank", que se prolongou até o 21 de xaneiro de 2020. Durante estes concertos especiais, Cepeda interpretou un repertorio reducido con temas do seu primeiro álbum e posterior reedición.

2020: Con Los Pies En El Suelo[editar | editar a fonte]

Desde a saída da reedición do seu primeiro álbum, Cepeda continuou traballando no que se convertería no seu segundo álbum de estudio, que leva por título "Con Los Pies En El Suelo".

O tema «Gentleman» converteuse no primeiro sinxelo, adianto do álbum, saíndo ao mercado o 13 de marzo de 2020.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • 2018: Principios ×1 Disco de Platino
  • 2020: Con Los Pies En El Suelo

Reedicións[editar | editar a fonte]

  • 2019: Nuestros principios

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 2018: «Esta vez» ×1 Disco de Platino
  • 2018: «Llegas Tú»
  • 2018: «Por ti estaré»
  • 2019: «Mi reino»
  • 2019: «Vuela»
  • 2020: «Gentleman»

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • 2018: «No creo en nada» (con María Parrado)
  • 2019: «Más que nada» (con India Martínez)
  • 2019: «La canción al revés» (con Antonio José)
  • 2019: «Culpable o No» (con Ana Guerra)
  • 2020: «Tal como Eres» (con David Otero)
  • 2020: «Bipolar» con (Pol 3.14)
  • 2020: «2007» (con David Otero)
  • 2020: «Salí a buscarte» (con Funambulista)

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Cadena Dial[28]

  • Premio Dial 2019.

Premios Notirey (Arxentina)[29]

  • Premio Notirey de Ouro 2019.

Premios Favoritos (Sevilla Magazine)

  • Solista masculino con maior proxección 2019

Ticket of the year 2019 (Ticketmaster)

  • Mellor evento nacional 2019
  • Evento nacional máis esperado 2020

Premios Odeón

  • Nomeado a Artista revelación 2019

Coca-Cola For Me Awards (Ecuador)

  • Mellor Artista Internacional 2019

Xiras musicais[editar | editar a fonte]

En solitario
  • Gira Principios (2018-20)[24]
  • Gira Unplugged (2020)
Conxuntas
  • OT 2017 en concerto (2018)[30]
  • Xira Déjate Llevar de Cadena Dial (2018)
  • Abreconcertos de Queen + Adam Lambert xunto a Miriam Rodríguez e Roi Méndez (2018)
  • Xira imaginBank xunto a Ana Guerra (2019)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Luis Cepeda: noticias, fotos y vídeos - FormulaTV" (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. "10 cosas que te harán pensar en Cepeda". 20minutos.es (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  3. "10 cosas que te harán pensar en Cepeda". 20minutos.es (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  4. "Cepeda, de Galicia a OT Operación Triunfo 2017". Lecturas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. "Cepeda, de OT: "Captaba fondos para los refugiados cantando en la calle"". 20minutos.es (en castelán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  6. "Operación triunfo 2017: Cepeda es concursante de OT". RTVE.es (en castelán). 20 de outubro de 2017. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  7. "Luis, el chico que rechazó irse de gira con Laura Pausini para quedarse con Malú". Telecinco. 22 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13-06-2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  8. "Los 18 nuevos concursantes de Operación Triunfo". RTVE. 20 de outubro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  9. "Cepeda, elegido por los profesores para cantar con Morat". RTVE. 1 de novembro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  10. "Cepeda expulsado en su quinta nominación". RTVE. 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  11. "Amaia gana Operación Triunfo". El Huffington Post (en castelán). 6 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  12. "La gira de OT 2017 arranca conquistando Barcelona". As.com (en castelán). 4 de marzo. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  13. "Cepeda se une a Andrés Suárez para componer una canción". RTVE. 16 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  14. "Cepeda ya está preparando su primer disco tras 'OT 2017'". El Mundo (en castelán). 22 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  15. "El 'Por ti estaré' de Cepeda enloquece a sus fans en las redes". El Periódico (en castelán). 27 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  16. "Los chicos de 'Operación Triunfo' ponen el broche de oro a los Premios Cadena Dial". www.europapress.es. 16 de marzo de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  17. "Amaia Montero y Cepeda Números 1 en ventas en España". 13 de xuño de 2018. p. http://blog.elportaldemusica.es/. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  18. 18,0 18,1 Hernández, Laura (11 de xullo de 2018). "Cepeda, éste es el primero de muchos". El mundo (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  19. "Cepeda ('OT 2017') lanza su primer disco, 'Principios', el 29 de junio". FormulaTV (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  20. "Operación Triunfo y el Real Madrid se unen «por los más necesitados»". abc (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  21. "Un gran paso internacional: estos 'triunfitos' serán los teloneros de Queen en Barcelona". ¡Hola! (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  22. "Cepeda lanza 'Llegas tú', segundo single de su disco". El Periódico (en castelán). 22 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  23. "Un análisis de 'Principios', el primer álbum de Cepeda". ELMUNDO (en castelán). 29 de xuño de 2018. Consultado o 29 de xuño de 2018. 
  24. 24,0 24,1 "Cepeda ('OT 2017') publica su primer disco "Principios" y anuncia las fechas de su gira de presentación". FórmulaTV (en castelán). 29 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2018. 
  25. "Antonio José y Cepeda juntos (por fin) en un concierto". ELMUNDO (en castelán). 19 de abril de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  26. "Luis Cepeda canta a dúo con Antonio Orozco". ABC (en castelán). 28 de xullo de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  27. "Cepeda, disco de platino con 'Nuestros Principios'" (en castelán). 25 de xuño de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 
  28. "Los XXIII Premios Cadena Dial presentan a sus ganadores" (en castelán). 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  29. "Premios Notirey" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  30. "'OT 2017' reaunuda este martes la gira de conciertos en Las Palmas de Gran Canaria". RTVE.es (en castelán). 29 de maio de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2018.