Roberto Leal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Leal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Alcalá de Guadaíra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm6329711 Twitter: RobertoLealG Instagram: robertolealg TikTok: robertoleal_g Editar o valor em Wikidata

Roberto José Leal Guillén, nado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) o 28 de xuño de 1979, é un xornalista, reporteiro e presentador de televisión español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en xornalismo pola Universidade de Sevilla, deuse a coñecer en Informativos Telecinco (2001-2004) como redactor e coordinador das delegacións de Andalucía. Entre 2004 e 2005 traballou como reporteiro de actualidade en Siete lunas (Canal Sur). Entre marzo e xuño de 2005 exerceu como reporteiro en Cada día de Antena 3. De xuño do 2005 a marzo de 2010, foi reporteiro de España directo de TVE.

En abril de 2010, anunciou que ficha por Antena 3. De maio do 2010 a xuño de 2011 foi copresentador de 3D xunto a Gloria Serra. Entre xuño de 2011 e agosto de 2014 foi colaborador e presentador substituto de Espejo público substituíndo a Susanna Griso (durante os días festivos ou as vésperas de Nadal, presentou o programa xunto a Eloísa de Dios, Alicia Senovilla, Romina Belluscio e Sandra Daviú). En 2012 copresentou Te lo mereces con Paula Vázquez e de 2012 a 2014 presentou El estirón (en Nova).

En 2014, volve ser fichado por TVE. Desde o 15 de setembro dese ano ata o 2 de novembro de 2018 presentou España directo, primeiro con Sandra Daviú ata o 28 de maio de 2015 e despois en solitario.[1] En 2015 presentou Los Vengadores en Acción en Disney Channel e tamén presentou Telepasión con Berta Collado; participando desde 2014 nas edicións presentadas por Ramón García (2014); a do ano seguinte, sen presentador (2015) e Anne Igartiburu e Santiago Segura (2017). En 2016 participou na gala dos 60 anos de TVE presentada por Raffaella Carrà. Entre 2014 e 2016 presentou o Sorteo de Lotaría de Nadal para RTVE con Sandra Daviú (2014 e 2016); Ana Belén Roy (2015) e Blanca Benlloch (2014-2016). Tamén, desde 2015 a 2017 presentou a Cabalgata de Reis con Sandra Daviú (2015); Marta Solano e Jacob Petrus (2016) e Marta Solano (2017). No verán de 2017 estivo á fronte de Hotel romántico e desde o 22 de outubro dese ano, é o novo presentador de Operación Triunfo tras a volta do formato a televisión durante 2017, 2018 e 2020. En 2018 presentou Bailando con las estrellas con Rocío Muñoz Morales e en 2019 presentou La mejor canción jamás cantada e o concurso Vaya crack.[2] Ademais, tamén presentou o programa andaluz Escala Sur de Canal Sur.

En marzo de 2020, Atresmedia ofreceulle un contrato para presentar a nova tempada de Pasapalabra en Antena 3, así como tamén estará a cargo de El desafío de "7 y Acción", a produtora de Pablo Motos.[3] O 14 de abril de 2020 anúnciase a súa fichaxe e volta a Antena 3, cun contrato exclusivo de cadea para presentar os programas Pasapalabra e El desafío, pero antes finalizou as emisións de Operación Triunfo para concluír o seu paso por TVE.[4]

Televisión[editar | editar a fonte]

Programas de televisión
Período Título Función Cadea
2001 - 2004 Informativos Telecinco Redactor Telecinco
2004 - 2005 Siete lunas Reporteiro Canal Sur
2005 Cada día Reporteiro Antena 3
2005 - 2010 España directo Reporteiro La 1
2010 - 2011 3D Copresentador Antena 3
2011 Hispania, un viaje en el tiempo Presentador
Viaje a Downton Abbey Presentador
2011 - 2014 Espejo público Copresentador e colaborador
2012 Te lo mereces Copresentador
2012 - 2014 El estirón Presentador Nova
2014; Tu cara me suena Invitado como Palito Ortega Antena 3
2014 - 2016 Lotaría de Navidad Presentador La 1
2014 - 2018 España directo Presentador e guionista
Telepasión Presentador
2015 Los Vengadores en Acción Presentador Disney Channel
2015 - 2017 Cabalgata de Reis Presentador La 1
2016 60 años de TVE Colaborador
2017 Hotel romántico Presentador
2017 - 2018; 2020 Operación Triunfo Presentador
2018 Bailando con las estrellas Presentador
2018 - 2019 Badaladas de fin de ano Presentador
¡Feliz 2019! Presentador
2019 La mejor canción jamás cantada Presentador
Vaya crack Presentador
Escala Sur Presentador Canal Sur
2019 - 2020 Badaladas de fin de ano Presentador La 1
¡Feliz 2020! Presentador
2020 - presente Pasapalabra Presentador Antena 3
El desafío Presentador
2020 Liarla Pardo Invitado La Sexta
2020 Zapeando Invitado La Sexta

Radio[editar | editar a fonte]

Programas de radio
Período Título Notas Cadea
2012 - 2013 La teniente Urgel Colaborador Happy FM Radio

Premios[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 19 de setembro de 2015, contraeu matrimonio coa súa parella, Sara Rubio, que coñeceu no programa Espejo público. O 11 de xullo de 2017 tivo a súa primeira filla chamada Lola, con Sara Rubio.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roberto Leal se despide de 'España Directo' entre lágrimas". Cadena Ser. 3 de novembro de 2018. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  2. "'Vaya crack': Roberto Leal inicia la búsqueda de la persona más inteligente de España en La 1". El Periódico de Catalunya. 14 de setembro de 2019. 
  3. "Roberto Leal ficha por Antena 3 para presentar 'Pasapalabra' y 'El desafío'". vertele.eldiario.es. 23 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. "Roberto Leal abandona 'Operación Triunfo' para presentar 'Pasapalabra' en Antena 3". El Mundo. 14 de abril de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  5. "Roberto Leal celebra el primer cumpleaños de su hija.". ¡Hola!. 11 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]