Vanesa Martín
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde setembro de 2019.) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Vanesa Martín Mata 14 de novembro de 1980 (44 anos) Málaga, España |
Educación | Universidade de Málaga - pedagoxía |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora, poetisa |
Período de actividade | 2006 - |
Xénero artístico | Pop latino |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz, piano e guitarra |
Premios | |
| |
Sitio web | vanesamartin.es |
Vanesa Martín Mata, nada en Málaga o 14 de novembro de 1980, é unha cantante e compositora de música pop-rock española. É unha das cantautoras máis destacadas do panorama musical español con máis de 500 000 copias vendidas ao longo da súa carreira e cun Premio Cadena Dial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa paixón pola música comezou cando, aos seis anos, o seu pai lle regalou o seu primeiro instrumento, unha guitarra coa que empezou a compoñer as súas primeiras cancións.
Despois de estudar maxisterio e pedagoxía na Universidade de Málaga trasladouse a Madrid en 2003 para dar os seus primeiros pasos no mundo da música e comezou a tocar en bares ata que asinou un contrato con EMI Music Spain.
En 2006 editou o seu primeiro álbum, Agua, producido por Carlos Jean. A reedición do mesmo contén unha versión do tema «Durmiendo Sola» a dúo con David DeMaría e a canción «Lluvia». Ademais de publicar este álbum, estes primeiros anos compuxo cancións diferentes artistas, entre eles India Martínez e Pastora Soler.
En 2009 saíu á venda o seu segundo álbum Trampas, producido por Bob Benozzo. Na reedición deste álbum incluíue o DVD do concerto no Teatro Cervantes de Málaga celebrado o 21 de marzo e a curtametraxe «Perdiendo el equilibrio».
En febreiro do ano 2012 publicou o seu terceiro álbum, Cuestión de Piel, que incluíu colaboracións con Malú, Pablo Alborán e Chambao, e en setembro de 2014 saíu o seu cuarto álbum, Crónica de un baile, composto por 14 cancións como «Sin saber porqué».
Para o título do seu quinto álbum escolleu Munay, que ten un significado especial para ela,[1] xa que representa para a cantautora o amor a moitos nivei. Estreouse o 18 de novembro de 2016 coa canción «Complicidad».
O seu álbum de 2018, titulouse Todas las mujeres que habitan en mí e trátase dunha homenaxe a todas as mulleres que a inspiran tanto no mundo da música como na súa vida en xeral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vanesa Martín". CADENA100 (en castelán). 2017-02-28. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 2019-05-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- cmtv
- Cadena 100 Arquivado 23 de abril de 2019 en Wayback Machine.