Jessie J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jessie J
Who You Are.png
Jessie J in NYC3.jpg
Jessie J actuando en NYC en 2011.
Nome completo Jessica Ellen Cornish.
Naceu 27 de marzo de 1988 (27 anos).
Orixe Basildon, Essex, Reino Unido.
Ocupación (s) Cantante.
Xénero Pop, R&B e soul.
Instrumento(s) Voz.
Selo(s) discográfico (s) Gut, Lava, Universal Republic e Island Records.
Tempo en activo 2006 -

Jessica Ellen Cornish, nada o 27 de marzo de 1988 en Basildon, Essex, Reino Unido, coñecida como Jessie J, é unha cantante e compositora británica. En febreiro de 2011 gañou o premio elección dos críticos nos Brit Awards.[1] Foi aclamada polo cantante Justin Timberlake como «a mellor cantante do mundo do momento».[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu álbum debut, Who You Are, foi lanzado ao mercado o 25 de febreiro de 2011 e acadou un bo recibimento comercial.[3] Entrou nos repertorio dos más vendidos na maioría dos países arredor do mundo, entre os que se atopan Australia, Canadá, Irlanda e Nova Zelandia.[4] Ademais vendeu máis dun millón de copias no Reino Unido.[5] Do álbum lanzáronse dous sinxelos, titulados «Do It Like a Dude» e «Price Tag», que obtiveron unha boa acollida comercial. O primeiro deles chegou ao número dous da lista UK Singles Chart, ademais recibiu un disco de ouro por parte da British Phonographic Industry, mentres que o segundo converteuse nun éxito número un en países coma Francia, Irlanda e Nova Zelandia, ademais de ser certificado en ocasións con discos de platino neses países.[6][7][8]

Foron lanzados, tamén, outros tres sinxelos do disco: «Nobody's Perfect», lanzado o 27 de maio de 2011 en iTunes,[9][10] «Who's Laughing Now», que logrou colocarse nos números dezaseis e vinte e oito das listas UK Singles Chart e Irish Singles Char,[11][12] e «Who You Are».[13][14] En medio da promoción do álbum, a cantante lanzou outro sinxelo pertencente a súa edición de luxo, chamado «Domino», que obtivo boa recepción en Australia, Nova Zelandia e os Estados Unidos de América, neste último converteuse no primeiro top 10 da cantante, mentres que no Reino Unido converteuse no seu segundo número un, detrás de «Price Tag».[15][16][17][18][11] O último sinxelo do disco, «LaserLight», acadou a quinta posición da lista UK Singles Chart, o que converteu a Jessie na primeira e ata o de agora única cantante británica en ter seis sinxelos top 10 dun mesmo álbum nesa lista[19][20]

Por outra banda, Jessie tamén ten escrito cancións para outros artistas baixo o seu nome real, Jessica Cornish. Entre elas atópanse «Party in the U.S.A» de Miley Cyrus, «Repeat» de David Guetta —onde tamén colabora como voz principal—, e «I Need This» de Chris Brown; esta última tamén foi interpretada por ela e incluída en Who You Are.[21][22][23][24] Para abril de 2012, a cantante tería vendido un total de 13,5 millóns de copias dos seus materiais discográficos.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Ganadores de los Brit Awards 2011». Rolling Stone. 15 de febreiro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  2. Timberlake, Justin. «Jessie J is the BBC Sound of 2011» (en inglés). BBC. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  3. «iTunes - Who You Are by Jessie J». iTunes (en inglés). 25 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  4. «Ultratop - Who You Are». Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  5. «Jessie J announces 2013 UK arena tour date at The O2». The O2 (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2012. 
  6. «UK Singles Chart - Do It Like a Dude». BPI (en inglés). 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  7. «BPI Certified Awards». British Phonographic Industry (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  8. «Ultratop - Price Tag by Jessie J». Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  9. «iTunes UK - Jessie J "Nobody's Perfect"». iTunes (en inglés). 27 de maio de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  10. «Jessie J reveals next single choice». Digital Spy (en inglés). 28 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 «Jessie J history at UK Singles Chart». The Official Chart (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  12. «Irish Chart History - Jessie J». Hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  13. «Jessie J unveils new track 'Domino' - Listen». Digital Spy (en inglés). 17 de agosto de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2011. 
  14. «Jessie J to release Who You Are as fifth single». Digital Spy (en inglés). 13 de setembro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  15. «Jessie J - Who You Are Deluxe». Allmusic (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  16. «Australian Chart - History by Jessie J». hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  17. «New Zealand Chart History - Jessie J». Hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  18. «Billboard - Jessie J Chart History». Billboard (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012. 
  19. «Jessie J history at UK Singles Chart». The Official Chart (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  20. Alan Jones (23 de abril de 2012). «Official Charts Analysis: Adele needs just 17k album sales for 23rd week at No.1». Music Week (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012. 
  21. «Miley Cyrus - "Party in the U.S.A"». Billboard (en inglés). 24 de agosto de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  22. «Koda Kumi - "4 Times"». Discogs (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  23. «Allusic - Jessie J "I Need This"». Allmusic (en inglés). Consultado o 2 de octubre de 2011. 
  24. «Jessie J reveals "Who You Are" tracklist». The Grape Juice (en inglés). 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  25. «Jessie J makes UK chart history with "Laserlight"». Telegraph (en inglés). 23 de abril de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jessie J Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]