Madcon
| Madcon | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Composto por
| |||||
|
Caracterizado por
| |||||
|
Selo discográfico
| |||||
| Obra | |||||
|
Discografía
| |||||
| Datas | |||||
|
Inicio de actividade
| |||||
|
Data de fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Premios | |||||
|
Premios
Spellemannprisen for hit of the year (en)
Premio Spellemann ao videoclip do ano (2008) Spellemannprisen for export (en) Spellemannprisen for hit of the year (en) Spellemannprisen for urban music (en) Spellemannprisen for urban music (en) | |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Madcon é un dúo musical noruegués formado en 1992 por Yosef Wolde-Mariam e Tshawe Baqwa. Madcon lanzou sete álbums até o ano 2018. Son coñecidos polo cover de 2007 de "Beggin'" de The Four Seasons e polo sinxelo de 2015 "Don't Worry" con Ray Dalton.
Membros
[editar | editar a fonte]Yosef Wolde-Mariam
[editar | editar a fonte]Yosef Wolde-Mariam, nado o 4 de agosto de 1978, é un presentador de televisión e rapeiro etíope-noruegués. Os seus pais son orixinarios de Etiopía e Eritrea.
Wolde-Mariam medrou en Grefsen, Noruega, e mudouse coa súa nai a Røyken, Grønland, Grünerløkka e Bekkelaget. En 2012, foi mentor na versión norueguesa de The Voice, coñecida como The Voice – Norges beste stemme, emitida pola televisión norueguesa TV 2.[1][2]
Tshawe Baqwa
[editar | editar a fonte]Tshawe Baqwa, nado o 6 de xaneiro de 1980 en Saarbrücken, Alemaña, é un rapeiro e presentador de televisión surafricano-alemán-noruegués.[2]
Baqwa mudouse a Suráfrica cos seus pais cando tiña 14 anos, no momento das primeiras eleccións democráticas do país, e máis tarde regresou a Noruega para comezar a súa carreira musical.
Baqwa gañou na terceira edición da competición norueguesa de baile Skal vi danse?. Aínda que os xuíces finalmente favoreceron á finalista Mona Grudt, Baqwa gañou por votación pública. Tamén actuou como artista de voz no filme Rio, interpretando o personaxe de Nico.
Discografía
[editar | editar a fonte]- It's All a Madcon (2004)
- So Dark the Con of Man (2007)
- An InCONvenient Truth (2008)
- Contraband (2010)
- Contakt (2012)
- Icon (2013)
- Contakt Vol. 2 (2018)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kjendis.no Yosef takker kona Ammina Arquivado 2015-12-02 en Wayback Machine. (en noruegués)
- ↑ 2,0 2,1 Aftenposten: Nå handler det om oss! (en noruegués)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 13 de setembro de 2015 en Wayback Machine.