O detective Conan: O derradeiro mago do século(名探偵コナン 世紀末の魔術師,Meitantei Conan: Seikimatsu no Majustushi?, literalmente O mago da fin do século) é un filme de animación baseado no animeO detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 1999.
A célebre serie do Detective Conan trae de novo outra excitante película. O noso heroe encóntrase desta vez co seu inimigo, o misterioso ladrón Caco Kid. Aceptando o reto del, Conan e o seu amigo Heiji tentarán protexer o derradeiro tesouro da Dinastía Rusa dos Romanov, o Ovo dos Recordos. Mais coas súas trécolas e estratexias, Caco Kid logra confundilos e faise coa tan prezada xoia.
Mentres foxe voando coa súa á delta un criminal dispáralle a logra abatelo. Caco Kid desaparece coma por arte de maxia, deixando atrás unha pomba e o obxecto roubado, que pasan ás mans do outro criminal.
A herdeira lexítima do ovo cóntalles a Conan e mais aos seus amigos a historia da xoia. O noso detective descobre un mecanismo oculto dentro do tesouro que lle será clave para resolver o caso e levaráos ata un castelo cheo de trampas e engados arquitectónicos. Poderán recuperar o valioso ovo?