Antón Rubal
Antón Rubal | |
---|---|
Nacemento | 1964 |
Lugar de nacemento | O Valadouro |
Ocupación | actor de dobraxe e director de dobraxe |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Antón Rubal Pernas, nado no Valadouro en 1964 é un actor e director de dobraxe galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Actor e director de dobraxe dende 1985, sendo a voz habitual de actores como Alain Delon, Ben Affleck e Daniel Craig.[1] É recoñecido por ser a voz de Son Goku (adulto), subtituíndo a Julio Lorenzo a partir do episodio 244 de Dragon Ball Z e continuando nas producións posteriores da saga. Tamén colaborou na versión en galego de filmes como Pulp Fiction ou Apocalypse Now e de series como A Nanny (sendo a voz de Maxwell Sheffield), O príncipe de Bel-Air, Heidi ou Marco.[2]
Como director de dobraxe traballou en series como Dragon Ball GT, Dragon Ball Z Kai ou filmes como Xogo de armas ou Escuadrón Suicida.
É profesor de dobraxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Series de televisión[editar | editar a fonte]
- Gondar (2009)
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ xerais.gal (ed.). "Ficha de Antón Rubal en Xerais". Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ www.uvigo.gal (ed.). "Aprendendo a poñer voz ás interpretacións alleas". Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ catalanfilms.cat (ed.). "Antón Rubal en Catalanfilms". Consultado o 12 de maio de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antón Rubal na IMDb (en inglés).