Saltar ao contido

Sharon Vineyard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sharon Vineyard
Tipopersonaxe humano de ficción e Detective Conan character (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Creador/aGosho Aoyama Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aFBI (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónasasino Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sharon Vineyard é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Personaxe

[editar | editar a fonte]
Un segredo fai que unha muller sexa muller.

Chris Vineyard foi unha célebre actriz dos Estados Unidos, filla da sobranceira Sharon Vineyard, coa que compartía profesión. Chris foi amiga de Yukiko Kudo, nai de Shinichi, e aprendeu a técnica do disfrace de Toichi Kuroba, o pai de Caco Kid.

Despois de verse envolta no caso no que reaparecen os Homes de Negro, Conan comeza a desconfíar do seu vencello coa Organización. Vai facendo unhas pescudas, e acabaa relacionando con Jodie Saintemillion. Finalmente, Conan e Heiji confirman que Jodie e Chris non son a mesma persoa.

Utiliza o nome en clave de Vermouth. O seu rango na Organización é alto, o xefe tenlle moito aprecio. O F.B.I. púxolle o nome en clave de Mazá Podre. Vermouth é un dos membros máis perigosos e sanguinarios da Organización.