Gosho Aoyama
Gosho Aoyama | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xuño de 1963 |
Lugar de nacemento | Xapón, Prefectura de Tottori e Hokuei |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Universidade Nihon |
Ocupación | animador, artista de banda deseñada e Mangaka |
Cónxuxe | Minami Takayama |
Coñecido por | O detective Conan |
Premios | Shogakukan Manga Award |
Na rede | |
http://www.gamf.jp/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gosho Aoyama (青山剛昌, あおやま ごうしょう, Aoyama Gōshō) naceu o 21 de xuño de 1963 na prefectura de Tottori no Xapón e é debuxante de manga coñecido por ser o creador de O detective Conan.
Perfil[editar | editar a fonte]
- Alcume: Gosho Aoyama
- Nome real: Aoyama Yoshimasa (青山剛昌, あおやま よしまさ)
- Data de nacemento: 21 de xuño de 1963
- Lugar: Daiei, prefectura de Tottori (Xapón)
- Estatura: 1,74 metros
- Grupo sanguíneo: B
Biografía[editar | editar a fonte]
Aoyama comezou a debuxar cando aínda era un estudante de Belas Artes na Universidade de Nihon, onde entrou a formar parte do club de manga. Alí coñeceu a Yutaka Abe, un afeccionado ó manga, que lle animou a seguir debuxando. Nun primeiro intre a intención de Aoyama era entrar na facultade como profesor de Arte pero tralos eloxios de Abe tomouse en serio a idea de ser debuxante de manga.
Tras rematar a carreira debutou coa obra Chotto Mattete, que foi publicada na revista Shonen Sunday en inverno de 1987. Máis tarde publicaría, tamén na mesma revista, Magic Kaito.
As súas obras[editar | editar a fonte]
- Tell me a Lie (私にウソをついて, Watashi ni Uso wo Tsuite)
- O detective Conan (名探偵コナン, Meitantei Conan)
- Magic Kaito (まじっく快斗, Majikku Kaito; protagonizada polo famoso ladrón Caco Kid)
- Yaiba
- Historias curtas de Gosho Aoyama