Ran Mouri
| Ran Mouri | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
|
Actor de dobraxe
Wei Jing Qi (en)
Jang Hyeseon (en) Lee Hyun-jin (en) Ho Shih-Fang (en) Lü Peiyu (pt) Kai kai Yang (pt) Núria Trifol | |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Educado en
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Parella
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Ran Mouri (毛利 蘭 Mōri Ran?) é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.
Vida de Ran
[editar | editar a fonte]É a amiga da infancia de Shinichi Kudo, o famoso detective adolescente, do que está namorada. Vai ao mesmo instituto ca el e é a capitá do equipo de karate. Ten bastante carácter, pero é moi boa persoa. Os seus pais son Kogoro Mouri, un detective de pouca monta, e Eri Kisaki, unha prestixiosa avogada. Ran non sabe que Conan é Shinichi, aínda que o sospeita nalgúns capítulos ao longo da historia. A súa mellor amiga é Sonoko Suzuki.
Dende pequena, Ran foi amiga de Shinichi e compañeira de clase del. Aínda así, nunca chegou a comprender a súa teima polos detectives. Pouco a pouco, namórase del. Ademais, foi Shinichi quen a axudou cando os seus pais se separaron.
Ó comezo da historia, Ran gaña o campionato de karate, e como recompensa, Shinichi convídaa ó parque de atraccións. El marcha correndo e ela ten un mal presaxio, aínda que Kudo non lle fai caso. Preocupada, e pensando que lle pasou algo, vai na súa procura á súa casa, onde se atopa con Conan e co profesor Agasa. Despois disto, acepta ó pequeno coma compañeiro de piso, aínda que ó longo da historia sospeita que é demasiado espelido para a súa idade, sospeitando así da súa verdadeira identidade.
Os casos vanse sucedendo, nos que Ran ás veces remata involucrada, e ten que loitar coas súas mañas de karate. Algúns, son resoltos polo seu pai, o célebre detective Kogoro Mouri e outros por Sonoko, a súa amiga. Sexa quen sexa, sempre é Conan/Shinichi quen, a través, deles realiza as deducións.
No capítulo 211, titulado "A arma invisible, o primeiro caso de Ran", realiza a súa primeira dedución para sentir o que sente Shinichi.