Saltar ao contido

Kogoro Mouri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kogoro Mouri
Tipopersonaxe humano de ficción, Detective Conan character (en) Traducir, detective de ficción e personaxe de televisión Editar o valor en Wikidata
Obra
Creador/aGosho Aoyama Editar o valor en Wikidata
Interpretado porAkira Kamiya (pt) Traducir, Rikiya Koyama e Marwan Farhat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actor/a de dobraxeMark Ullod (en) Traducir e Jordi Royo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Educado enTeitan Elementary School (en) Traducir e Teitan High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndetective privado Editar o valor en Wikidata
Empregador/aTokyo Metropolitan Police Department (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEri Kisaki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aRan Mouri Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Kogoro Mouri (毛利 小五郎 Mōri Kogorō?) é un personaxe ficticio e protagonista da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Vida de Mouri

[editar | editar a fonte]

Kogoro Mouri era un toleirán de pequeno. Na infancia, coñeceu a Eri Kisaki, coa que se levaba mal, aínda que remataron por casar. Como oficio, Kogoro fíxose axente de policía baixo as ordes do inspector Megure. Durante esta etapa, tivo que capturar un criminal, e, para facer isto, dispararlle á súa muller. Por iso foi expulsado do corpo. Neste tempo tivo unha filla, Ran Mouri.

Eri marchou da casa e se separou de Kogoro, quen tivo que quedar con Ran. Para gañar cartos fíxose detective privado, pero resultou ser un investigador pésimo. As súas grandes afeccións eran o alcol, as mulleres, o tabaco e as carreiras de cabalos, algo que non axudou moito a que prosperase o negocio. Sorte que contaba el con Ran, que mercaba e preparaba a comida, axudando o seu pai.

Ó comezo da historia, Kogoro segue a ser un detective pésimo. Cando conta coa axuda do pequeno Conan Edogawa, comezan a choverlle casos, e considera ó cativo coma o seu amuleto. Axiña, o pequeno Conan dorme a Kogoro cun dardo anestesiante para resolver os casos, e imita a súa voz coa paxariña moduladora de voces, explicando unha vez máis o crime: que pode ser sinxelamente un secuestro, un asasinato, un suicidio ou mesmo un accidente.

Así, gaña o alcume de Kogoro dormente ou Kogoro o durmiñón, e comeza a gañar sona por todo o país. O inspector Megure conta con el para resolver os casos e elevar á policía xaponesa ó talle que se merece, pero aínda así considera que Mouri trae mala sorte para os crimes. Kogoro segue sen volver con Eri, discutindo continuamente con ela, pero admira a Yoko Okino, unha célebre actriz e cantante da que está profundamente namorado.