O detective Conan: Explosión no rañaceos
O detective Conan: Explosión no rañaceos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン 時計じかけの摩天楼 |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Kazunari Kochi |
Música | Katsuo Ono Kyoko |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 19 de abril de 1997 25 de decembro de 2012 (TVG) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme seguinte | O detective Conan: A décimo cuarta vítima |
Na rede | |
O detective Conan: Explosión no rañaceos (名探偵コナン 時計じかけの摩天楼 Meitantei Conan: Tokei Jikake no Matenrō?, literalmente O rañaceos de reloxaría) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 1997.
En galego, estreouse na TVG o 25 de decembro do 2012.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Todos os homes buscan a perfección... Mais, que acontece se este desafío te conduce ata a mesma morte?
O pequeno e inocente estudante Shinichi Kudo, baixo o sobrenome de Conan, é desafiado por un terrorista de moito caletre que planeou unha grande ameaza sobre unha cidade grande e moi poboada. Na busca do delincuente, Conan deberá pasar por unha serie de probas complicadas e emocionantes, pero ao ser un gran detective, logra centrar as súas sospeitas nunha soa persoa.
Conan recibe un convite a unha festa dun sobranceiro arquitecto, que basea os seus deseños na simetría. Aceptando a invitación, e despois de resolver unha adiviña, Conan e a súa amiga Ran visitan a galería do arquitecto.
Logo dunha semana, Ran cítase con Shinichi. Mentres espera no vestíbulo do cine, unha gran cantidade de explosivos plásticos estoupa. Isto continúase cunha serie de ataques incendiarios. Co seu maxín e as súas ferramentas de detective, Conan deberá salvar tamén os seus amigos dunha avioneta de xoguete no parque. E despois, recibirá unha chamada do culpable que lle conta que hai unha serie de explosivos en varios puntos estratétixos da rede de ferrocarrís. A vida de Ran está en perigo! Ao decatarse do próximo obxectivo das explosións, Conan corre para o cine; porén, unha sección do edificio xa estoupara. Conan sortea os cascallos para intentar rescatar a Ran, que está dentro atrapada. No momento no que acontece outra explosión deberá tomar unha decisión e cortar un dos dous cables finais para salvar as vidas de todos.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2012.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Ohtani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Axente Shiratori | Monti Castiñeiras | Kaneto Shiozawa |
Teiji Moriya | Miguel Pernas | Taro Ishida |
Mina Kurokawa | Nora Abad | Tomoto Miyareda |
Daisuke Kurokawa | Antón Rubal | Kazuhiro Yamaji |
Manami Nakazawa | Beatriz García | Kayoko Fuji |
Kohei Okamoto | Manolo Pombal | Shuntaro Tanigawa |
Alcalde Okamoto | Andrés Bellas | Jin Hirao |
Director Sakaguchi | Antón Cancelas | Yuzuru Fujimoto |
Kusonoki | César Cambeiro | Yuji Fujishiro |
Anciá | Miriam Aldrei | Ako Mayama |
Presentador de TV | Manolo Pombal | Miedai Nomura |
Empregada de hamburguesaría | Nora Abad | Asako Dodo |
Motorista | Andrés Bellas | Kazuya Ichijo |
Mozo da bicicleta | César Cambeiro | Ako Mayama |
Doutor | Antón Ja | Kazuhiro Yamaji |
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Happy Birthday" ("Feliz aniversario"), interpretada por Kyoko.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 1998.