O detective Conan: O mago do ceo prateado
O detective Conan: O mago do ceo prateado | |
---|---|
Tipo | filme de anime ![]() |
Xénero artístico | filme sobre crime, filme de misterio e cinema de aventuras ![]() |
Lingua orixinal | lingua xaponesa ![]() |
Autoría | |
Interpretado por | Katsuo Ōno ![]() |
Director/a | Yasuichiro Yamamoto (en) ![]() ![]() |
Compositor/a | Katsuo Ōno ![]() |
Guionista | Kazunari Kouchi ![]() |
Director/a fotografía | Takashi Nomura (en) ![]() ![]() |
Editor/a de cine | Terumitsu Okada ![]() |
Actores de dobraxe
| |
Temática | |
Tema principal | aviación ![]() |
Ambientado en | Toquio ![]() |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Produtor/a | Michihiko Suwa (pt) ![]() ![]() |
Compañía produtora | TMS Entertainment ![]() |
Distribuidor/a | Toho ![]() |
Parte da serie | O detective Conan ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 47 minutos ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | conan-movie.jp… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
O detective Conan: O mago do ceo prateado (名探偵コナン 銀翼の奇術師 Meitantei Konan: Ginyoku no Majishan?, literalmente O mago das ás prateadas) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 2004.
En galego, estreouse na TVG o 3 de xaneiro do 2013.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha famosa actriz recibe unha nota de Caco Kid que ameaza con roubar o seu zafiro, "a pedra da sorte". Esa mesma noite o roubo terá lugar no teatro onde se representará a derradeira función da obra na que participa a actriz.
Conan e os seus amigos pensan que Caco Kid aparecerá durante a representación, pensando que se ha disfrazar de alguén a quen coñecen. Entón, a policía preséntase cun asistente, o detective adolescente Shinichi Kudo. Mais Conan sabe que o Shinichi que está en fronte deles é Caco Kid, xa que el é o verdadeiro Shinichi, pero non pode revelar a súa verdadeira identidade. A oportunidade para capturar o ladrón chegará no momento do final da representación, pero Caco Kid subirá ata a azotea e sairá voando polo ceo.
Despois, Conan e os demais son convidados pola actriz a unha festa na súa casa de campo, polo que terán que viaxar en avión ata Hakodate. Conan pensa que Caco Kid pode estar dentro do avión, disfrazado. É entón cando a actriz cae ao chan despois de comer un bombón de chocolate. Poderá Conan resolver o caso nun lugar tan pequeno e pechado como é un avión?
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2012.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe![]() |
Actor orixinal![]() |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Otani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kazuhiko Inoue |
Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
Ai Haibara | Chelo Díaz | Megumi Hayashibara |
Caco Kid | Chema Gagino | Kappei Yamaguchi |
Ginzo Nakamori | Antón Olmos | Unsho Ishizuka |
Eri Kisaki | Charo Pena | Gara Takashima |
Juri Maki | Xermana Carballido | Keiko Toda |
Bunjiro Narasawa | Coté Sansegundo | Katsuji Mori |
Toru Ban | Alfonso Agra | Hidekatsu Shibata |
Natsuki Sakai | Ana Lemos | Kyoko Hikami |
Isao Shinjo | Óscar Fernández | Shinichiro Miki |
Tenko Tajima | Ana Maciñeiras | Saeko Shimazu |
Masayo Yaguchi | Beatriz García | Aya Hisakawa |
Comandante Nakaya | Santiago Cortegoso | Daiki Nakamura |
Copiloto | Monti Castiñeiras | ? |
Comandante Shimaoka | Santiago Cortegoso | Masashi Sugawara |
Uesugi | Xavier Perdiz | Tetsuo Kaneo |
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Dream x Dream" (Soño por soño), interpretada por Rina Aiuchi.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2005.