Saltar ao contido

Ai Haibara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ai Haibara
Tipopersonaxe humano de ficción e Detective Conan character (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Creador/aGosho Aoyama Editar o valor en Wikidata
Interpretado porMegumi Hayashibara, Andrea Kathrin Loewig, Brina Palencia (pt) Traducir, Federica Valenti, Michelle Giudice (pt) Traducir, Yan Meng Meng (en) Traducir, Wei Jing Qi (en) Traducir, Pansy Tsang (pt) Traducir, Hsu Yun Yun (en) Traducir, Judy Cheung (en) Traducir, Faten Ido (en) Traducir, Woo Jeong-shin (en) Traducir, Roser Aldabó Arnau (en) Traducir e Marta Aparicio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Cor do pelocabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosazul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aOrganización dos Homes de Negro Editar o valor en Wikidata
Educado enTeitan Elementary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninvestigador Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiElena Miyano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiAtsushi Miyano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Irmá/nAkemi Miyano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Shiho Miyano (宮野志保 Miyano Shiho?) é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Vida de Ai

[editar | editar a fonte]

Shiho Miyano (o seu nome orixinal) é filla do científico tolo Atsushi Miyano e da arisca Elena Miyano, e a irmá máis nova de Akemi Miyano. Asistiu á escola no estranxeiro, tendo unha infancia non demasiado feliz. Cedo, comezou a abraiar os seus pais no campo científico. Dado que seus pais realizaban experimentos para a Organización dos Homes de Negro, unha organización criminal, e vistas as súas dotes acabou ingresando tamén.

Xunto a eles crea velenos e fármacos. Non obstante, a Organización mátaos facendo crer a Shiho que fora un fatal accidente. Deste xeito, Shiho continúa soa os seus traballos de científica. Sen os seus pais seguiu seguiu o labor de desenvolvemento dunha misteriosa droga alcumada APTX-4869. Nun principio o fármaco tiña a función de rexenerar as células do corpo, pero a Organización obrigouna a trocalo todo polo seu escuro propósito: matar. Nun experimento con ratos, Shiho comprobou que un dos animais minguou ata un tamaño de cría. Finalmente, cando a Organización probou unha dose con Shinichi Kudo, o adolescente minguou no canto de morrer, e comezou a loitar contra a Organización en segredo, dado que o deu por morto.

Máis tarde, a Organización liquidou a Akemi, a única familia que tiña Shiho. Por causa diso, ela retirouse e negouse a seguir traballando, polo que a Organización ceibouna. Nun intento de suicidarse, Shiho probou o seu fármaco pero no canto diso, acadou un tamaño de cativa. Así, recorreu a Shinichi, xa que sabía que o fármaco non rematara coa súa vida.

O asisado detective convértese nunha criatura de cueiros cando hai fútbol polo medio.

O profesor Agasa atopouna tirada diante da casa dos Kudo e contoulle a Conan o que pasara. Ai Haibara, o seu novo nome como nena, prometeu acompañar a Conan indo á escola e vivindo unha vida normal para non ser descuberta. Xunto co profesor, ten como obxectivo atopar un antídoto que anule o efecto da apoptose que induce a droga dos Homes de Negro. Para iso, Ai e o profesor Agasa necesitan ter coñecemento da composición exacta do veleno. Parece ser que un tipo concreto de augardente chinesa bebida cando se está a chocar unha gripe anula temporalmente os efectos da droga. Por desgraza, que unha vez utilizado este método para recuperar o verdadeiro corpo do suxeito durante uns minutos, nunca máis volverá ser efectivo nesa mesma persoa. Ai, sospeitando que esa augardente puidera ter un factor clave para a creación dun antídoto, investiga sobre o asunto chegando a crear un antídoto provisional moi perigoso e que debe ser tomado só en caso de urxente necesidade, pois pode conducir á persoa que o tome á morte.

Aínda que ás veces a rapariga poida parecer algo fría, ten un corazón moi fráxil e segue conservando a tristura pola morte da súa irmá.