O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos(名探偵コナン 瞳の中の暗殺者,Meitantei Conan: Hitomi no Naka no Ansatsusha?, literalmente O asasino nos seus ollos) é un filme de animación baseado no animeO detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 22 de abril do 2000.
Un inspector da policía é atacado perante Conan e a Asociación de Detectives Xuvenís. Este é o comezo duns asasinatos en serie que involucran a todo o corpo de Policía Metropolitana. Poden estar detrás dos crimes un grupo de radicais? Pouco despois aparecen mortos dous axentes coa súa placa de policía ao carón, o que confirma os asasinatos en serie. Conan xunta Kogoro tratará de resolver o caso, pero o Inspector Megure non quere falar moito do tema, malia que colaborou sempre con eles.
Shiratori fala do "NON LLE CONVÉN SABELO", unha frase que simboliza o feito de que no caso estean involucrados axentes da policía. E os casos de asasinato seguen acontecendo... A axente Sato é atacada e Ran aparece ao pé dela manchada de sangue, o que fai que, confundida, caia nunha amnesia, acompañada dun sentimento de saudade.
Agora é Conan quen só pode resolver o caso, protexendo ao mesmo tempo a Ran, a quen o verdadeiro asasino quere matar porque lle viu a cara na escena do crime.