Nerios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización aproximada do pobo dos nerios na provincia romana da Gallaecia.
Inscrición tartesa atopada en Fonte Velha, onde se fai referencia ó pobo nerio.

Os nerios (en latín: Nerii) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que vivía no norte da actual Galicia, na rexión da Costa da Morte. A súa capital era a cidade de "Dugium", identificada coas actuais parroquias de Duio e San Martiño de Duio.[1] Segundo Luís Monteagudo era unha das tres subtribos dos ártabros, xunto cos brigantinos e os lapatiancos.[2]

Os celtas nerios (Celtici Nerii) son mencionados por primeira vez na lápida da tumba dun nobre nerio chamado Tássionos ou Taśiioono, nunha inscrición tartesa da Idade de Bronce descuberta en Fonte Velha, na freguesía de Bensafrim, no concello de Lagos (Portugal). Esta é primeira referencia documentada dun nobre galaico que se coñece.[3] A inscrición contén tamén a máis antiga cita a Galicia (Galtia).[3][4] Ademais, cita aos deuses lugos ou lugoues como divindades tutelares dos nerios.[4][3]

Lokooboo niiraboo too araiai kaaltee lokoo
n ane narkee kaakiisiin
koolobo
o ii te’-e.ro-baar
e(be)e tea.
siioonii.


Invocando os divinos Lugoues do pobo nerio
para un nobre de Kaltai/Galtai:.
el aínda descansa dentro.
Invocando todos os heroes
o sepulcro de Tasiioonos recibiuno.

Estela tartesa de Taśiioono, Tradución do orixinal:[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

É posible que o nome dos nerios proveña da raíz celta *nero-, que quere dicir “forza, grandeza”.[1][6] Esta palabra atópase tamén no galés antigo *nar, é dicir "xefe", que hoxe é *nêr, "señor", en galés moderno.

O topónimo da comarca da Terra de Soneira, que aparece recollido en textos medievais como Somnaria, Sonaria ou Subnaria, podería derivar dos nerios. Existen dúas teorías sobre a etimoloxía do topónimo. O estudoso Fernando Cabeza Quiles faino derivar de Seminaria, que se le nun documento do século IX. Outros autores inclínanse pola expresión Sub Neria, é dicir a parte baixa da comarca poboada polos nerios,[7][8] que daquela estaba habitada polos seus veciños supertamarcos.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona de Fisterra estaba poboada pola tribo galaica dos nerios, que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Tolomeo e Estrabón.

Promunturium Celticum, amnes Florius, Nelo. Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres arae Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestamarci, Cileni. ex insulis nominandae Corticata et Aunios.
Promontorio Céltico, ríos Florius e Nelo, Célticos tamén chamados Nerios e súper Tamaricos, en cuxa península hai tres aras Sestianas dedicadas a Augusto, Coporos, a cidade de Noeta, Célticos chamados Praestamarcos, Cilenos, fóra as illas chamadas Cortegada e Ons.

Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos nerios no seu De Chorographia:

Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent.
Toda a habitan os Célticos, salvo desde o Douro á baía dos Grovios, e flúen por alí Avo, Celado, Nebo, Miño, e o que é chamado Esquecemento, o Limia. A baía da cidade Lambriaca recibe o abrazo dos ríos Lérez e Ulla. A parte que sobresae é habitada polos Praesamarcos, non lonxe de onde desembocan os ríos Tambre e Sars, o Tambre polo porto de Ebora, o Sars xunta á torre de Augusto, monumento memorábel. E máis alá habitan os Supertamaricos e os Nerios nos últimos treitos. Ata aquí a costa mira ao occidente.[10]

Segundo Estrabón, esta tribo vivía nas proximidades de Nerium, chamado Promontorium Celticum (identificado co cabo Fisterra), e situou a súa orixe como parentes dos celtas do Anas, ou o Guadiana. Segundo el, unha póla destes celtas do sur foi a que se desprazou cara ao norte ocupando partes de Lusitania e Gallaecia. Daquela, segundo Estrabón os nerios eran descendentes de tribos celtas provenientes da rexión sur de Celtiberia.[11]

Restos arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Castro de Castromiñán ou Torre do Castelo, en Fisterra.

En 1914, na zona das parroquias de Duio atopáronse machadas de sílex, pontóns (nas Escaselas), puntas de lanzas de cobre biseladas (a pouca profundidade preto da praia da Langosteira), anacos de cerámica e de tellas de tipo romana (zona Rucheira) e en Denle algunhas moedas e medallas. Nunha destas líanse as inscricións "nerenh" ou "nerimen".[1] Os restos atopados suxiren un importante asentamento lacustre que máis tarde sería romanizado.

Na aldea de Duio só se catalogou un castro, o castro das Croas, así como a fortaleza de Castromiñán.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "El origen del Camino de Santiago IV: los nerios en Dugium, Citania Xacobea". adiantegalicia.es (en castelán). 4 de decembro de 2017. Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  2. García Alonso, Juan L. La Península Ibérica en la Geografía de Claudio Ptolomeo. Universidade do País Vasco, Servizo Editorial,. p. 151. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "La tumba del primer nerio". adiantegalicia.es (en castelán). 11 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Pena Graña, André. "A cultura castrexa inexistente. Constitução política celta das galaicas trebas e toudos. Etno-arqueología institucional" (PDF). Revista eumesa de estudios: 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2021. Consultado o 04 de xuño de 2020. 
  5. ‘Invoking the Lugoues of the Neri people, for a nobleman of the Celtae/Galtai Galicia: he rests still within; invoking every hero, the grave of Tasiioonos has received him.’Koch, John T. A Case For Tartessian as a Celtic Language. ActPal X; PalHisp 9. p. 344. 
  6. Curchin (2008) p. 112; Luján (2006) p.724.
  7. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017. 
  8. Lema et al. 2010, p. 13
  9. o Vello, Plinio (79). Naturalis Historia, liber IV. 
  10. Mela, Pomponio (40). De Chorographia. Liber Tertius. 
  11. Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]