Callaecos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os callaecos[1] (en latín: Callaeci) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense[2] que deu nome a toda a rexión de Gallaecia.[3] A teoría máis posible é que Décimo Xunio Bruto deu o nome de callaeci a todos os pobos que foi atopando na súa campaña logo de cruzar o río Douro cara ao norte.[4][5] Estrabón recolle este nome para denominar a tódolos pobos da rexión do noroeste peninsular por ser os outros pobos «demasiado pequenos e demasiado escuros».

A súa localización exacta foi obxecto de debate e o historiador romano Plinio noméaos como un dos pobos do convento bracarense, na zona achegado a Bracara Augusta.[6] Outros autores sitúannos no val do Limia a carón da serra do Xurés, onde existe unha parroquia chamada Galez, no concello ourensán de Entrimo.[3]

Na historiografía[editar | editar a fonte]

Existen numerosas referencias históricas ós callaecos, sendo nomeado por vez primeira por Appio, no ano -139, durante a campaña de Quinto Servilio Cepión. O xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico na súa expedición de 138-136 a.C obtivo o alcume de "Callaicus" ou "Callaecus" (gañador contra os Callaeci/Gallaeci)[7] polas súas vitorias sobre os callaecos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de equaesos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Mapa dos pobos prerromanos, cara ao 200 a.C.
  3. 3,0 3,1 Alberro (1999), p. 64: "Gallaeci o callaeci".
  4. Caamaño Gesto, José Manuel. A gran historia de Galicia. Cultura Castrexa. Volume 1: Ocupación do territorio e cultura material.
  5. Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118
  6. Historiae Naturalis, páxina 50.
  7. Marcus Valerius Paterculus, Roman Histories, 11.5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]