Brácaros

Fonte do Ídolo, en Braga.
Os brácaros[1] (latín: Bracari) foron un pobo prerromano de cultura castrexa da Gallaecia bracarense que habitaba no noroeste do actual Portugal, entre os río Tâmega e Cávado. A extensión do seu territorio chegaría até o río Douro e acadaría a costa. No seu territorio, por volta do ano -16 construíuse a capital do convento xurídico bracarense, Bracara Augusta.
Seguindo a inscrición epigráfica da Fonte do Ídolo adicada á deusa Nabia e ó deus Tongoenabiagus no nome da cidade de Tongobriga (en Marco de Canaveses), este pobo falaría unha lingua celta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición de brácaros no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Coutinhas, José Manuel (2006), Aproximação à identidade etno-cultural dos Callaici Bracari, Porto.
- Queiroga, Francisco (1992), War and Castros, Oxford.
- Silva, Armando Coelho Ferreira da (1986), A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal, Porto.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pobos prerromanos da Península Ibérica (sobre o 200 a.C.). Arquivado 05 de abril de 2016 en Wayback Machine.