Poemanos

Localización aproximada do pobo dos poemanos na provincia romana da Gallaecia.
Os poemanos (en latín: Poemani)[1] eran unha antiga tribo de Gallaecia, un pobo galaico lucense que vivía no centro-norte da actual Galicia,[2] na comarca da Terra Chá. Son coñecidos por unha inscrición atopada na muralla antiga de Lugo.[2] De acordo con algúns autores, é posible a súa relación xermánica, xa que a ara dedicada a Poemana atopada en Lugo[3] é a deusa protectora da tribo xermánica dos poemani,[4][5][6] que se asentaron no ano -600 na provincia de Lugo.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Proceedings of the British Academy, Volume 26. British Academy. p. 107.
- ↑ 2,0 2,1 Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22.
- ↑ Rosario Álvarez; Francisco Dubert García; Xulio Sousa Fernández. Consello da Cultura Galega, ed. Lingua e territorio (PDF). p. 223. Consultado o 15 de xuño de 2020.
- ↑ Blázquez Martínez, José María. Imagen y mito: estudios sobre religiones mediterráneas e ibéricas. 373.
- ↑ Schulten, A. (1932). Germanien und Gallier: "Forschungen und Fortschitte" 8. p. 121.
- ↑ Bosh-Gimpera, P. (1950). "Infiltraçoes germanicas entre os celtas peninsulares". Revista de Guimaraes LX: 348.
- ↑ Gómez Vila, Javier (2009). Epigrafia romana de la provincia de Lugo. p. 32.