Luancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os luancos[1] (en latín: Luanqvi) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense[2] que viviu entre os ríos Támega e Tua, na provincia de Tras os Montes, no norte do actual Portugal e no sur de Galicia. Segundo Tolomeo, a súa cidade principal ou capital era Merua ou Merva.[3][4]

Un patriarca luanco quedou rexistrado na mitoloxía grega como Lynko (lince). O nome "luancos" foilles atribuído, posibelmente, porque este pobo se identificaba cos linces. Era un pobo cazador e prefería vivir nas mesetas altas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de luancos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Casariego, Jesús Evaristo (1966). Las famosas reliquias asturianas y Luarca. Asturias: Deputación de Asturias, Instituto de Estudos Asturianos do Padroado José M.a Cuadrado. p. 55. 
  3. Cortés y López, Miguel (1836). Diccionario Geografico-Historico de la Espana Antigua. Madrid: Imprenta Real. p. 186. 
  4. Bautista Carrasco, Juan (1861). Geografia general de España comparada con la primitiva, antigua y moderna y sus monumentos. Madrid: Impreta y Librería de Gaspar y Roig. p. 103. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]