Castromiñán
| Castromiñán | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sardiñeiro | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| Id. catálogo | GA15037001 | ||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Castromiñán, tamén denominado Castro de Castromiñán ou Torre do Castelo, é un poboado castrexo costeiro, na Costa da Morte, probablemente datado na Idade de Ferro tendo en conta a súa tipoloxía, aínda que nunca foi obxecto de escavacións arqueolóxicas científicas.
Foi orixe da liñaxe familiar de Luís de Camões.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]O castro está situado nun promontorio costeiro defendido por, cando menos, dúas liñas de muralla, moi visibles en superficie. O espazo interior é extraordinariamente reducido: nel poden albiscarse algunhas outras estruturas de terra e pedras, a modo de hipotética "atalaia". Na contorna existen varios mananciais de auga.
Figuras legais de protección
[editar | editar a fonte]Castromiñán pertence ó ámbito da Rede Natura. Así mesmo, os cantís de Castromiñán e Denle están considerados espazos de interese paisaxístico no Plan de Ordenación do Litoral. A lexislación urbanística protexe este lugar, dado que está incluído nas normas subsidiarias provinciais do ano 1996. Ademais, está incluído no arquivo arqueolóxico da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia co código GA15037001.
Sucesos
[editar | editar a fonte]Este lugar foi escenario do accidente do Cason, o barco de bandeira panameña que varou preto da Punta do Castelo no ano 1987, no que finaron 22 dos seus tripulantes, todos eles de nacionalidade chinesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Castromiñán: de castro celta a torre augusta y castillo de Camões - Adiante Galicia" (en castelán). 2017-11-17. Consultado o 2025-09-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Castromiñán: un descoñecido tesouro do patrimonio natural e histórico de Galicia", artigo de Manuel Gago Mariño no blog Capítulo 0, 24 de marzo de 2010.
- "Castromiñán: de castro celta a torre augusta y castillo de Camões , artigo de Juan G. Satti Bouzas no xornal Adiante Galicia (en castelán). 2017-11-17. Consultado o 2025-09-29.

