Arróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación aproximada do pobo dos arróns na provincia romana da Gallaecia.

Os arróns[1] (en latín: Arroni) eran unha antiga tribo de Gallaecia, un pobo galaico lucense que ocupou aproximadamente a coñecida actualmente como comarca de Ortegal, na costa norte de Galicia,[2] probablemente entre as rías de Ortigueira e Cedeira. Plinio identificou a súa localización entre os iadovos e os ártabros. O seu territorio mantivose ao longo da idade Idade Media ata o século XI, testemuñado co actual topónimo de Arros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de arrón no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 2,0 2,1 González García, Francisco Javier. Los pueblos de la Galicia céltica. p. 535. Consultado o 9 de xuño de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]