Cibarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Localización aproximada da pobo dos cibarcos na provincia romana da Gallaecia.

Os cibarcos ou cabarcos[1] (en latín: Cibarci ou Cabarci) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egobarros. Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.[2]

Redución xeográfica[editar | editar a fonte]

Asígnaselles territorio costeiro, en torno ao actual Ribadeo, de xeito que o río Eo os separaría dos albións, mentres máis a Occidente se localizarían os egobarros. A identificación, xa desde Vicetto, na súa Historia de Galicia, apóiase na continuidade do seu nome nas dúas freguesías denominadas Cabarcos (San Xulián de Cabarcos e San Xusto de Cabarcos), sitas no concello de Barreiros. Identificación que logo manterían Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas e outros. Aínda con interrogantes é mantida polo francés A. Tranoy.

Porén, Santos Yanguas sitúa os cibarcos no centro costeiro que vai entre o río Navia e o Eo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de cabarco no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Vid. Maya González, J.L. Enciclopedia temática de Asturias, 11. p. 65. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schulten, Adolf, Los cántabros y astures y su guerra con Roma. Madrid. Espasa Calpe. 1945
  • Cuevillas, Florentino L., Prehistoria, t. III, in Otero Pedrayo, Ramón, Historia de Galiza, reimpresión. Madrid. Edit. Akal. 1980
  • Tranoy, A., La Galice Romaine: Recherches sur le Nord-Ouest da la Péninsule Ibérique dans l'Antiquité. París. Diffusion de Boccard. 1981.
  • Santos Yanguas, Narciso, La romanización de Asturias. Madrid. Edic. Istmo. 1992