Lougueos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das tribos ástures.
Tabula Lougeiorum.

Os lougueos (en latín: louguei)[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no leste da actual Galicia, na serra dos Ancares, no Bierzo e ao oeste do río Burbia. Eran veciños dos lugones, que habitaban no leste, na actual Asturias.[2]

No Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón consérvase a Tabula Lougeiroum do século I, unha táboa de bronce que foi descuberta en 1983 na serra do Courel e que recolle o acordo asinado entre un representante de Roma e a comunidade dos louguei. Grazas ao contido epigráfico e empregando a datación consular pódese datar con absoluta precisión no ano 1 d.C. tendo en conta que este foi o ano do consulado de Caio César e Lucio Emilio Paulo.[3]

C(aio) Caesare Aug(usti) F(ilio) (et) L(ucio) Aemilio Paullo Co(n) S(ulibus) / Ex Gente Asturum Conventus Arae / August(a)e / Civitas Lougeiorum Hospitium Fecit Cum / C(aio) Asinio Gallo Libereis Posterosque Eius Sibi Libe / Reis Postereisque Suis Patronum Cooptarunt / Isque Eos In Fidem Clientelamque Suam Suo / Rumque Recepit / Egerunt Legati / Silvanus Clouti / Nobbius Andami.
Sendo cónsules Caio César, fillo de Augusto, e Lucio Emilio Paulo, a comunidade dos Lougeios, pertencente ao convento de Ara Augusta no pobo dos ástures, fixo un pacto de hospitalidade con Caio Ansio Galo, cos seus fillos e descendentes. Cooptárono a el, aos seus fillos e descendentes como patronos para os seus propios fillos e descendentes. E el recibiunos na amizada e clientela súas e dos seus. Deron fe os legados Silvano, fillo de Clouto, e Napio, fillo de Andamo.[4]
Tabula Lougeiroum. Ano 1 d.C. Procedencia descoñecida

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walbrecht, Donald A. Ad Britannia: First Century Roman Invasion of Britain Book One Ad 23 to 52. Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  2. Smith, David James. Only a Celtic Quarrel. Consultado o 14 de xuño de 2020. 
  3. Momsen, Theodor (1892). The Chronography of 354 AD. Part 8: Consular feasts from the fall of the kings to AD 354. MGH Chronica Minora I. pp. 50–61. 
  4. Pereira Menaut, Gerardo (1984). Nueva tabula patronatus del Noroeste de Hispania. Actas del II Coloquio Gallego de Estudios Clásicos. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]