AP-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AP-6
Autoestrada do Noroeste
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude66 km
Localización
InicioCollado Villalba (Madrid)
FinAdanero (Ávila)

A AP-6 ou Autoestrada do Noroeste é unha autoestrada española que discorre desde Villalba (Madrid) ata Adanero (Ávila). A concesionaria é a empresa Iberpistas do grupo Abertis.

En 2007 terminouse de construír o terceiro tunel baixo a Serra de Guadarrama e os novos carrís de circulación. Desta forma conta cun tramo con tres túneles, quedando un reversible en función das necesidades do tráfico.

A autoestrada conta con 66 km de lonxitude. Ten 4 carrís por sentido entre Collado Villalba e Guadarrama, entre os km 42 e 48, e 3 carrís por sentido entre Guadarrama e San Rafael (Segovia), entre os km 48 e 60.

Ademais está iluminada desde Collado Villalba a San Rafael, entre os km 42 e 60. A devandita iluminación continua en sentido Madrid pola A-6 ata o seu inicio en Moncloa.

Está previsto[cando?] que proximamente se amplie a 3 carrís por sentido entre San Rafael e Villacastín, entre os km 60 e 80.

A Concesionaria da Autoestrada foi Iberpistas e a concesión rematou o 30 de xaneiro de 2018, cando se incorporou a Castellana de Autopistas.[1]

Saídas[editar | editar a fonte]

Elemento Nome da saída (sentido A Coruña)/Ver de arriba-abaixo Número de saída Nome da saída (sentido Madrid)/Ver de abaixo-arriba Estrada coa que liga
Autovía do Noroeste Autovía do Noroeste  A-6 
Área de Servizo de Villalba Área de Servizo de Villalba
Guadarrama - Porto de Guadarrama 42-43 El Escorial-Porto de Guadarrama  M-510 
El Escorial-Guadarrama 47 El Escorial-Guadarrama  M-600 
A Coruña (por Porto de Guadarrama) 52 -  N-VI 
 Provincia de Segovia 
 CASTELA E LEÓN 
-  COMUNIDADE DE MADRID 
Porto de Guadarrama 1511m - Porto de Guadarrama 1511m
Túnel de Guadarrama 3345m - Túnel de Guadarrama 3345m
Peaxe de San Rafael (non se paga dirección A Coruña) - Peaxe de San Rafael
San Rafael-Segovia 60 San Rafael-Segovia  N-603 
Segovia 61 -  AP-61 
Área de Servizo de Villacastín - Área de Servizo de Villacastín
Villacastín-Ávila 81 Villacastín-Ávila  AP-51   N-110 
 Provincia de Ávila  -  Provincia de Segovia 
Peaxe de Labajos - Peaxe de Labajos (non se paga dirección Madrid)
Sanchidrián-Salamanca 102 -  CL-507 
Adanero
Olmedo-Valladolid
108 -  N-601 
Autovía do Noroeste Autovía do Noroeste  A-6 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información sobre concesiones". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de febreiro de 2012.  Iberpistas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]