Selección de fútbol dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados Unidos
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación U.S. Soccer
Confederación CONCACAF (Norteamérica)
Código FIFA USA
Alcume The Yanks
Clasificación FIFA 22 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Gregg Berhalter
Máis encontros Cobi Jones (164)
Máximo goleador Clint Dempsey
Landon Donovan (57)
Estrea internacional
Suecia 2 − 3 Estados Unidos Estados Unidos
Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916
Maior vitoria
Estados Unidos 8 − 0 Barbados Barbados
Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008
Maior derrota
Noruega 11 − 0 Estados Unidos Estados Unidos
Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948
Copa do Mundo
Participacións 10 (primeira en 1930)
Mellor resultado Terceiro lugar (1930)
Copa Ouro
Participacións 17 (primeira en 1985)
Mellor resultado Campións (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017)
Copa América
Participacións 4 (primeira en 1992)
Mellor resultado Cuarto lugar (1995, 2016)

A selección de fútbol dos Estados Unidos (en inglés: United States national soccer team) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.

Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro partido xogado por unha selección baixo a bandeira estadounidense realizouse contra a selección do Canadá, o 28 de novembro de 1895, en Newark. Con todo, este partido non é recoñecido internacionalmente, e considérase que o primeiro partido oficial foi o que xogou en Estocolmo, ante o combinado Suecia, o 20 de agosto de 1916.

O equipo xogou a semifinal da Copa Mundial de Fútbol de 1930, perdendo 6-1 contra Arxentina e obtendo o terceiro posto. Unha das anécdotas que quedan do devandito equipo estadounidense é que era conformado por cidadáns de múltiples nacionalidades, pertencentes ao exército do país, que estaban a se preparar para a posible guerra que ocorrería anos despois.

Desde a realización do mundial de 1994 no país, a selección de fútbol, logrou que o deporte gañe espazo no país do Béisbol, Fútbol Americano, Baloncesto e Hockey, aínda que cabe destacar que a maioría de xogadores da selección, non militan na MLS (liga estadounidense de fútbol), senón en clubs de Europa, o cal axudou ao desenvolvemento da técnica e táctica do equipo. Como curiosidade, no mesmo mundial 1994, a maioría dos convocados á cita mundial non tiña club onde xogar, xa que só algúns xogaban en Europa até a súa expansión a nivel individual.

O día 24 de xuño de 2009, Estados Unidos logra unha vitoria histórica no marco da Copa FIFA Confederacións 2009, tras vencer nas semifinais 0-2 á selección de España, selección que viña 35 partidos sen coñecer a derrota e 15 partidos gañados consecutivamente. Na final, enfrontáronse á selección do Brasil, no primeiro tempo dese partido, Estados Unidos estaba a dar a sorpresa ao gañar por 2 goles por 0, con todo, no segundo tempo Brasil deulle a volta e acabou gañando por 2-3, con todo, o equipo "das barras e as estrelas" daba a sorpresa ao chegar á final logo de quedar a piques da eliminación na fase de grupos.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Dendo o seu primeiro encontro non oficial ante Canadá, os uniformes consistiron en camisolas brancas con pantalón azul. En 1950, Estados Unidos adoptou un estilo "Perú" poñendo unha franxa diagonal que cruzaba a camisola. Esta barra tense utilizado nos uniformes de 2003, 2004, 2006 así como no uniforme de 2010. Adidas foi o provedor dos uniformes dos Estados Unidos dende 1984 até 1994. Dende 1995, a compañía estadounidense Nike é a que viste á selección.

Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Uruguai Uruguai 1930 Semifinais 3 2 0 1 7 6
Italia Italia 1934 Primeira fase 16° 1 0 0 1 1 7
Francia Francia 1938 Non clasificado
Brasil Brasil 1950 Primeira fase 10° 3 1 0 2 4 8
Suíza Suíza 1954 Non clasificado
Suecia 1958
Chile Chile 1962
Inglaterra Inglaterra 1966
México 1970
Alemaña Alemaña 1974
Arxentina 1978
España España 1982
México 1986
Italia Italia 1990 Primeira fase 23° 3 0 0 3 2 8
Estados Unidos 1994 Oitavos de final 14° 4 1 1 2 3 4
Francia Francia 1998 Primeira fase 32° 3 0 0 3 1 5
Corea/Xapón 2002 Cuartos de final 5 2 1 2 7 7
Alemaña Alemaña 2006 Primeira fase 25° 3 0 1 2 2 6
Suráfrica 2010 Oitavos de final 12° 4 1 2 1 5 5
Brasil 2014 Oitavos de final 15 4 1 1 2 5 6
Rusia 2018 Non clasificado
Total - 25° 29 7 5 17 32 56

Copa de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Estados Unidos 1991 Campión 5 4 1 0 10 3
Estados Unidos/México 1993 Subcampión 4 4 0 1 5 5
Estados Unidos 1996 Semifinais 2 2 0 1 5 3
Estados Unidos 1998 Subcampión 4 3 0 1 6 2
Estados Unidos 2000 Cuartos de final 2 2 1 0 6 2
Estados Unidos 2002 Campión 5 4 1 0 9 1
Estados Unidos/México 2003 Semifinais 4 3 0 1 10 2
Estados Unidos 2005 Campión 5 4 2 0 11 3
Estados Unidos 2007 Campión 6 6 0 0 13 3
Estados Unidos 2009 Subcampión 6 4 1 1 12 8
Estados Unidos 2011 Subcampión 6 4 0 2 9 6
Estados Unidos 2013 Campión 6 6 0 0 20 4
Estados Unidos 2015 Semifinais 6 3 2 1 12 5
Estados Unidos 2017 Campión 6 5 1 0 13 4
Total - 47 32 6 5 80 31

Xogadores[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "U.S. Men's National Team Player Registry". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]