Mundial de Fútbol de 1938
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 15 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Stade Victor Boucquey (en) (Lille) Stade Jules Deschaseaux (pt) (Le Havre) Stade Auguste-Delaune (pt) (Reims) Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) (Colombes) Parc des Princes (París) Stade de la Meinau (pt) (Estrasburgo) Parc Lescure (Bordeos) Stade du Fort Carré (pt) (Antibes) Stadium Municipal de Toulouse (Tolosa) Stade Vélodrome (8th arrondissement of Marseille (en) ) |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 4 de xuño de 1938 – 19 de xuño de 1938 |
Número de edición | 3 (1938) |
Competición | |
Primeiro posto | Italia (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 18 |
Goles | 84 |
Máis goles marcados | Leônidas da Silva↔ Brasil (7) |
Número de espectadores | 369.720 |
O Mundial de Fútbol de 1938 (en francés: Coupe du Monde 1938) foi a terceira edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Francia entre o 4 e o 19 de xuño de 1938. O formato do torneo foi igual ao da anterior edición de 1934 en Italia, cunha fase de eliminatorias a partido único. En caso de empate, xogábase unha prórroga de 30 minutos, e se o resultado seguía igual, celebrábase un encontro de desempate ao día seguinte.
O clima prebélico que se vivía antes da segunda guerra mundial marcou o torneo, onde só participaron quince países pola renuncia de Austria. O país centroeuropeo, clasificado para a fase final, fora ocupada pola Alemaña nazi tres meses antes do torneo, tendo os seus xogadores que competir coa selección alemá. Ao igual que no anterior mundial, a gran maioría dos equipos eran do continente europeo (12 de 15). Os países de América do Sur negáronse a participar no torneo en protesta pola elección de novo dun país europeo para albergar o campionato. Os únicos representantes americanos foron o Brasil e debutante Cuba. O outro equipo non europeo do torneo foron as Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), que ademais foi o primeiro equipo asiático en participar.[1]
O equipo italiano, vencedor catro anos antes, de novo adxudicouse o título de campión no Stade de Colombes após gañar na final a Hungría por 4 a 2. Entre os italianos destacou Giuseppe Meazza como a grande estrela do equipo. Por outra banda, o seleccionador Vittorio Pozzo foi o primeiro adestrador en gañar a Copa do Mundo en dúas ocasións.[2] O máximo goleador do torneo foi o brasileiro Leônidas. Ao ano despois da finalización do torneo estourou a segunda guerra mundial, o cal produciu que o torneo non se retomase até a edición de 1950 no Brasil.[3][4]
Antecedentes e elección
[editar | editar a fonte]A elección da sede para o Mundial de 1938 tivo lugar en Berlín (Alemaña) o 13 de agosto de 1936 en plenos Xogos Olímpicos. Coas candidaturas de Francia, Alemaña e a Arxentina sobre a mesa, os membros da FIFA elixiron por maioría absoluta aos franceses. Era a segunda vez que un país europeo albergaría este evento, despois de que a anterior edición tivese lugar en Italia.[5] Os arxentinos daban por seguro que serían os organizadores despois de que o presidente da FIFA e fundador da Copa, Jules Rimet, o insinuase aos dirixentes da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) nunha visita oficial. Segundo a súa versión, interpretaban que habería alternancia entre os continentes de Europa e América para cada edición. Con todo, Rimet quedou convencido co proxecto francés e o resto dos membros decantáronse a favor dos europeos polo número de estadios e por cuestións de transporte.[5]
Resultados da votación | |
---|---|
País | Votos |
Francia | 19 |
Arxentina | 3 |
Alemaña | 1 |
Ao non haber alternancia, case todos os países de América renunciaron á fase clasificatoria. O Uruguai seguía molesta co peso de Europa na FIFA e a súa ausencia maioritaria no Mundial de 1930, así que a Asociación Uruguaia de Fútbol non se inscribiu. Do mesmo xeito actuou Colombia. A AFA só quería participar se non xogaban eliminatorias, e aínda que a FIFA o propuxo, os clubs da Primeira División meteron presión á AFA porque non querían ceder aos seus futbolistas.[6] Por esta razón, a Arxentina ausentouse da Copa Mundial por vez primeira na súa historia. O Brasil, interesado en organizar a edición de 1942, si asistiu e foi o único representante suramericano.[7]
O Mundial de 1938 celebrouse nun contexto de crise política a finais da década de 1930. España estaba inmersa nunha Guerra Civil desde había dous anos, e o auxe do totalitarísmo en Italia e Alemaña supuña unha ameaza para a liberdade de Europa.[8] Tres meses antes da Copa Mundial, o réxime de Adolf Hitler anexionara o estado de Austria como unha provincia do III Reich, dentro da súa política expansionista. Isto afectou á organización porque Austria, que estaba clasificada para a fase final, deixou unha praza vacante.[9] En resposta, o público francés foi moi hostil contra italianos e xermanos nos seus encontros. En Asia a situación tamén era complicada debido á segunda guerra sino-xaponesa.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Por primeira vez nunha Copa Mundial a selección anfitrioa, Francia, e a vixente campioa, Italia, tiñan a praza asegurada. O resto de aspirantes debía competir nunha fase clasificatoria marcada polas retiradas e a situación política mundial. A fase de Europa tivo dificultades para configurar as eliminatorias. Un exemplo foi o Suíza contra Portugal: os suízos non querían ir a Lisboa para non cruzar unha España en guerra, así que se acordou un partido único en Milán que terminou en vitoria helvética. Ademais Exipto e Palestina, únicos representantes de África e Asia Occidental respectivamente, acabaron nos grupos europeos porque non tiñan rivais máis próximos nos seus continentes. Os palestinos caeron ante Grecia, mentres que Exipto foi expulsada por negarse a xogar contra Romanía en ramadán. As catro selecciones británicas tamén quedaron fóra porque non formaban parte da FIFA. Os únicos debutantes do vello continente foron Noruega e Polonia. Por outra banda, a pesar de ser ter clasificado, Austria tivo que renunciar debido á anexión do país por parte de Alemaña tres meses antes da inauguración.
En América do Sur case todas as seleccións renunciaron en desconformidade coa elección de sede. Así, o Brasil foi o único representante do continente.[6] A cota norteamericana quedou cuberta con Cuba, debutante na Copa Mundial grazas á renuncia de todos os seus rivais. Inicialmente estaba prevista unha eliminatoria directa entre varios países, mais a renuncia de varios deles levou á celebración dun triangular na Habana entre Cuba, Costa Rica e Güiana Neerlandesa. O gañador viaxaría a Francia para enfrontarse a un país suramericano. Porén, a retirada de costarriqueños e güianeses por razóns económicas deu aos cubanos unha pasaxe directa á fase final.[10]
De igual modo produciuse a clasificación das Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), primeiro representante de Asia nos mundiais.[1] En xaneiro de 1938 estaba previsto que disputase un partido contra a selección do Xapón en Saigón (Indochina). Os nipóns renunciaron pola guerra sino-xaponesa e as Indias, sen praza garantida, debían viaxar en maio até Rotterdam (Países Baixos) para enfrontarse aos Estados Unidos, único rival norteamericano. Os estadounidenses non quixeron facer un desprazamento tan longo e, aínda que a Güiana Neerlandesa pediu substituílos, pois ao ser colonia neerlandesa non tiñan problemas para a viaxe, a FIFA non o permitiu.[10]
Lista de participantes
[editar | editar a fonte]As seguintes 15 seleccións disputaron a fase final.
Sedes
[editar | editar a fonte]O torneo estaba programado para celebrarse en once estadios en dez cidades distintas. Con todo, finalmente o estadio Stade de Gerland de Lión non albergou ningún pola renuncia de Austria.
Colombes (área de París) | Marsella | París | Bordeos |
---|---|---|---|
Stade Olympique | Stade Vélodrome | Parc des Princes | Parc Lescure |
Capacidade: 60.000 | Capacidade: 48.000 | Capacidade: 40.000 | Capacidade: 34.694 |
Estrasburgo | Le Havre | ||
Stade de la Meinau | Stade Municipal | ||
Capacidade: 30.000 | Capacidade: 22.000 | ||
Reims | Tolosa | Lille | Antibes |
Vélodrome Municipal | Stade du T.O.E.C. | Stade Victor Boucquey | Stade du Fort Carré |
Capacidade: 21.684 | Capacidade: 15.000 | Capacidade: 15.000 | Capacidade: 7.000 |
Cadro do torneo
[editar | editar a fonte]Por segunda e última vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente fora utilizado na Copa de Mundo de 1934.
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
5 de xuño - Marsella | ||||||||||||||
Italia | 2 | |||||||||||||
12 de xuño - París (C.) | ||||||||||||||
Noruega | 1 | |||||||||||||
Italia | 3 | |||||||||||||
5 de xuño - París (C.) | ||||||||||||||
Francia | 1 | |||||||||||||
Francia | 3 | |||||||||||||
16 de xuño - Marsella | ||||||||||||||
Bélxica | 1 | |||||||||||||
Italia | 2 | |||||||||||||
5 de xuño - Estrasburgo | ||||||||||||||
Brasil | 1 | |||||||||||||
Brasil | 6 | |||||||||||||
12 de xuño - Bordeos (14 de x.) | ||||||||||||||
Polonia | 5 | |||||||||||||
Brasil | 1(2) | |||||||||||||
5 de xuño - Le Havre | ||||||||||||||
Checoslovaquia | 1(1) | |||||||||||||
Checoslovaquia | 3 | |||||||||||||
19 de xuño - París (C.) | ||||||||||||||
Países Baixos | 0 | |||||||||||||
Italia | 4 | |||||||||||||
5 de xuño - Reims | ||||||||||||||
Hungría | 2 | |||||||||||||
Hungría | 6 | |||||||||||||
12 de xuño - Lille | ||||||||||||||
Indias Neerlandesas | 0 | |||||||||||||
Hungría | 2 | |||||||||||||
4 de xuño - París (P.) (9 de x.) | ||||||||||||||
Suíza | 0 | |||||||||||||
Suíza | 1(4) | |||||||||||||
16 de xuño - París (P.) | ||||||||||||||
Alemaña | 1(2) | |||||||||||||
Hungría | 5 | |||||||||||||
5 de xuño - Lión | ||||||||||||||
Suecia | 1 | Terceiro posto | ||||||||||||
Suecia | w/o | |||||||||||||
12 de xuño - Antibes | 19 de xuño - Bordeos | |||||||||||||
Austria | - | |||||||||||||
Suecia | 8 | Brasil | 4 | |||||||||||
5 de xuño - Tolosa (9 de x.) | ||||||||||||||
Cuba | 0 | Suecia | 2 | |||||||||||
Cuba | 3(2) | |||||||||||||
Romanía | 3(1) | |||||||||||||
Encontros
[editar | editar a fonte]- Os horarios corresponden ao horario de verán de Europa occidental (UTC+1).
Oitavos de final
[editar | editar a fonte]Suíza | 1 - 1 | Alemaña | 4 de xuño de 1938, 17:00 – Parc des Princes, París Asistencia: 27.152 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Abegglen 43' | Informe |
Gauchel 29' | |
Hungría | 6 - 0 | Indias Orientais Neerlandesas | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Vélodrome Municipal, Reims Asistencia: 9.000 Árbitro: Roger Conrié (Francia) |
Kohut 13' Toldi 15' Sárosi 28' 89' Zsengellér 35' 76' |
Informe |
||
Suecia | n/d | Austria | 5 de xuño de 1938 – Stade Gerland, Lión |
Cuba | 3 - 3 | Romanía | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa Asistencia: 7.000 Árbitro: Giuseppe Scarpi (Italia) |
Socorro 44' 103' Magriñá 69' |
Informe |
Bindea 35' Baratky 88' Dobay 105' | |
Italia | 2 - 1 | Noruega | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Vélodrome, Marsella Asistencia: 19.000 Árbitro: Alois Beranek (Alemaña)[11] |
Ferraris 2' Piola 94' |
Informe |
Brustad 83' | |
Francia | 3 - 1 | Bélxica | 5 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes Asistencia: 30.454 Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza) |
Veinante 1' Nicolas 16' 69' |
Informe |
Isemborghs 38' | |
Brasil | 6 - 5 | Polonia | 5 de xuño de 1938, 17:30 – Stade de la Meinau, Estrasburgo Asistencia: 13.452 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Leônidas 18' 93' 104' Romeu 25' Perácio 44' 71' |
Informe |
Scherfke 23' (pen.) Wilimowski 53' 59' 89' 118' | |
Checoslovaquia | 3 - 0 | Países Baixos | 5 de xuño de 1938, 18:30 – Stade Municipal, Le Havre Asistencia: 11.000 Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza) |
Košťálek 93' Zeman 111' Nejedlý 118' |
Informe |
||
Desempates
[editar | editar a fonte]Suíza | 4 - 2 | Alemaña | 9 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París Asistencia: 20.025 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Walaschek 42' Bickel 64' Abegglen 75' 78' |
Informe |
Hahnemann 8' Lörtscher 22' (p.m.) | |
Cuba | 2 - 1 | Romanía | 9 de xuño de 1938, 18:00 – Stade du T.O.E.C., Tolosa Asistencia: 8.000 Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña) |
Socorro 51' Fernández 57' |
Informe |
Dobay 35' | |
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Italia | 3 - 1 | Francia | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes Asistencia: 58.455 Árbitro: Louis Baert (Bélxica) |
Colaussi 9' Piola 51' 72' |
Informe |
Heisserer 10' | |
Brasil | 1 - 1 | Checoslovaquia | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos Asistencia: 22.021 Árbitro: Pál von Hertzka (Hungría) |
Leônidas 30' | Informe |
Nejedlý 65' (pen.) | |
Hungría | 2 - 0 | Suíza | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Victor Boucquey, Lille Asistencia: 15.000 Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia) |
Sárosi 40' Zsengellér 89' |
Informe |
||
Suecia | 8 - 0 | Cuba | 12 de xuño de 1938, 17:00 – Stade du Fort Carré, Antibes Asistencia: 7.000 Árbitro: Augustin Krist (Checoslovaquia) |
H. Andersson 9' 81' 89' Wetterström 22' 37' 44' Keller 80' Nyberg 84' |
Informe |
||
Desempate
[editar | editar a fonte]Brasil | 2 - 1 | Checoslovaquia | 14 de xuño de 1938, 18:00 – Parc Lescure, Bordeos Asistencia: 18.141 Árbitro: Georges Capdeville (Francia) |
Leônidas 57' Roberto 62' |
Informe |
Kopecký 25' | |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Italia | 2 - 1 | Brasil | 16 de xuño de 1938, 18:00 – Stade Vélodrome, Marsella Asistencia: 33.000 Árbitro: Hans Wüthrich (Suíza) |
Colaussi 51' Meazza 60' (pen.) |
Informe |
Romeu 87' | |
Hungría | 5 - 1 | Suecia | 16 de xuño de 1938, 18:00 – Parc des Princes, París Asistencia: 20.000 Árbitro: Lucien Leclerq (Francia) |
Jacobsson 19' (p.m.) Titkos 37' Zsengellér 39' 85' Sárosi 65' |
Informe |
Nyberg 1' | |
Terceiro posto
[editar | editar a fonte]Brasil | 4 - 2 | Suecia | 19 de xuño de 1938, 17:00 – Parc Lescure, Bordeos Asistencia: 12.000 Árbitro: John Langenus (Bélxica) |
Romeu 44' Leônidas 63' 74' Perácio 80' |
Informe |
Jonasson 28' Nyberg 38' | |
Final
[editar | editar a fonte]Italia | 4 - 2 | Hungría | 19 de xuño de 1938, 17:00 – Stade Olympique, Colombes Asistencia: 45.000 Árbitro: Georges Capdeville (Francia) |
Colaussi 6' 35' Piola 16' 82' |
Informe |
Titkos 8' Sárosi 70' | |
Campión do Mundo |
---|
Italia Segundo título |
Goleadores
[editar | editar a fonte]Con sete goles, Leônidas foi o máximo goleador do torneo. En total anotáronse 84 goles por 42 xogadores, dos cales dous foron considerados en propia meta.
- 7 goles
- 5 goles
- 4 goles
- 3 goles
- 2 goles
- 1 gol
- 1 autogol
- Sven Jacobsson (xogando contra Hungría)
- Ernst Lörtscher (xogando contra Alemaña)
Clasificación retrospectiva
[editar | editar a fonte]En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[12] A clasificación de 1938 foi a seguinte:
P | Selección | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Italia | 4 | 4 | 0 | 0 | 11 | 5 | +6 | 8 | |
2 | Hungría | 4 | 3 | 0 | 1 | 15 | 5 | +10 | 6 | |
3 | Brasil | 5 | 3 | 1 | 1 | 14 | 11 | +3 | 7 | |
4 | Suecia | 3 | 1 | 0 | 2 | 11 | 9 | +2 | 2 | |
Eliminados en cuartos de final | ||||||||||
5 | Checoslovaquia | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 3 | +2 | 3 | |
6 | Suíza | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 5 | 0 | 3 | |
7 | Cuba | 3 | 1 | 1 | 1 | 5 | 12 | −7 | 3 | |
8 | Francia | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 4 | 0 | 2 | |
Eliminados en oitavos de final | ||||||||||
9 | Romanía | 2 | 0 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 | 1 | |
10 | Alemaña | 2 | 0 | 1 | 1 | 3 | 5 | -2 | 1 | |
11 | Polonia | 1 | 0 | 0 | 1 | 5 | 6 | −1 | 0 | |
12 | Noruega | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 | −1 | 0 | |
13 | Bélxica | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | −2 | 0 | |
14 | Países Baixos | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 3 | −3 | 0 | |
15 | Indias Neerlandesas | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | 6 | −6 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "FIFA World Cup history: France, 1938" [Historia da Copa do Mundo da FIFA: Francia, 1938]. Australian Broadcasting Corporation (en inglés). 15 de maio de 2014.
- ↑ "Entrenador clásico: Vittorio Pozzo" [Adestrador clásico, Vittorio Pozzo]. FIFA.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2020.
- ↑ "1942: el mito del Mundial Olvidado" [1942: O mito do Mundial Esquecido]. Vavel (en castelán).
- ↑ "How Brazil Saved The World Cup In The Aftermath Of World War II" [Como o Brasil salvou a Copa do Mundo a raíz da Segunda Guerra Mundial]. National Public Radio (en inglés). 11 de xuño de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 "Argentina no disputará el Mundial" [A Arxentina non xogorá o Mundial]. ESPN Deportes (en castelán). 30 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Cantaro, E. (9 de febreiro de 2014). "Un mundo sin cracks criollos". Télam (en castelán).
- ↑ Aceves, A. (26 de marzo de 2014). "Viva Brasil: Francia 1938, Mundial de pocos países" [Forza Brasil: Francia 1938, Mundial de poucos países]. Excelsior.
- ↑ Jurado, J. e Estepa J. "Francia 1938". Marca.
- ↑ "La guerra a la vuelta de la esquina" [A guerra ao virar a esquina]. ESPN Deportes (en castelán). 16 de xullo de 2013.
- ↑ 10,0 10,1 "World Cup 1938 Qualifying" [Clasificación para a Copa do Mundo de 1938]. RSSSF (en inglés).
- ↑ Austríaco, mais finalmente representou á Federación Alemá de Fútbol polo Anschluss.
- ↑ "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web sobre o mundial en da FIFA.com Arquivado 17 de xuño de 2020 en Wayback Machine.