Gyula Zsengellér
Gyula Zsengellér | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Gyula Zsengellér | ||
Nacido | 27 de decembro de 1915 | ||
Lugar | Cegléd | ||
Falecido | 29 de marzo de 1999 | ||
Lugar | Nicosia | ||
Altura | 1,77 m | ||
Posición | Dianteiro Centro | ||
Información de club | |||
Club actual | falecido | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Gyula Zsengellér foi un futbolista húngaro, e é unha das lendas do Újpest FC e da selección húngara, coa que quedou subcampión no mundial de 1938, amais de se-lo segundo máximo anotador do torneo, só por detrás do brasileiro Leônidas.
Clubs[editar | editar a fonte]
Comeza a súa carreira no Salgotarjani TC, fichando logo polo Újpest FC en 1936. Ficaría neste club once anos. En 1947 marcha cara Italia a xogar na Roma. En 1949 ficharía polo Ancona e remataría a súa carreira xogando dous anos, ata 1952 na escuadra colombiana Deportivo Samarios.
Zsengellér xogou 325 encontros e anotou 387 goles na liga húngara entre os anos 1935 e 1947, cifras que o fan o terceiro máximo goleador da liga maxiar da historia.
Quedou máximo anotador da liga húngara en cinco ocasións 1938, 1939, 1943, 1944 e 1945. Dúas desas veces tamén foi Bota de Ouro, en 1939 e 1945.
A IFFHS nomeouno o sétimo mellor artilleiro de tódolos tempos, contando só os goles en campionato de liga.
Selección[editar | editar a fonte]
Debuta coa selección o 2 de decembro de 1936 nun encontro contra a Inglaterra, onde Hungría caeu por 6-2. Co tempo chegaría a xogar 39 encontros e anotar 32 goles para os maxiares. É o oitavo anotador da historia da selección húngara.