Silvio Piola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Silvio Piola
Silvio Piola (Pro Vercelli).jpg
Información persoal
Nome completoSilvio Piola
Nacemento29 de setembro de 1913
LugarRobbio, Reino de Italia
Altura1.78 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1925-1928Veloces 1925
1928-1929Pro Vercelli
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1929-1934Pro Vercelli127(51)
1934-1943SS Lazio227(143)
1944Torino FIAT23(27)
1945-1947Juventus FC57(26)
1947-1954Novara Calcio185(86)
Total619(333)
Selección nacional
1935–1952Selección de fútbol de Italia34(30)
Adestrador
1953-1954Selección de fútbol de Italia
1954-1956Cagliari Calcio
1957Cagliari Calcio
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Silvio Piola, nado o 29 de setembro de 1913 en Robbino, Provincia de Pavía, e finado o 3 de outubro de 1992 en Gattinara foi un futbolista italiano que xogaba na demarcación de dianteiro. É o máximo anotador da Serie A italiana e o terceiro máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Italia, con esta selección foi campión do Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final.

Por algún é considerado o inventor da chilena, xunto con Carlo Parola.[1][Verificar credibilidade]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no Pro Vercelli, debutando co primeiro equipo o 16 de febreiro de 1930.

En 1934 foi traspasado ao SS Lazio, equipo no que militaría nove tempadas, anotando 143 goles e declarándose Capocannoniere (máximo goleador da Serie A) en dúas ocasións (1937 e 1943)

En 1944 fichou polo Torino FIAT, porén a competición foi interrompida pola Segunda Guerra Mundial, o resto do ano xogaría no Novara Calcio pero en 1945 fichou polo Juventus FC. Militou no club turinés ata 1947 cando fichou polo Novara Calcio, onde se retirou despois de sete tempadas no club.

Coa selección[editar | editar a fonte]

Debutou coa Selección de fútbol de Italia no ano 1935 ante Austria, anotando tamén o seu primeiro tanto. Ao longo dos dezasete anos nos que foi convocado coa selección xogou un total de 34 encontros e anotou 30 goles, converténdose no terceiro máximo anotador do combinado.

Coa selección gañou o Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final ante Hungría. Tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central en 1935.

Finalmente o seu último encontro foi en 1952.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou como adestrador pouco despois de colgar as botas, dirixindo á selección durante os anos 1953 e 1954, porén non chegaría a participar no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

Despois dirixiría ao Cagliari Calcio en dúas etapas, 1955/56 e 1957.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]