Saltar ao contido

Monoplacóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monoplacophora»)
Monoplacóforos
Monoplacophora

Rango fósil: cámbrico-actualidade

Neopilina galatheae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria

Protostomia

Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Monoplacophora
Odhner, 1940
Especies actuais
  • Véxase o texto

A dos monoplacóforos (Monoplacophora) é unha clase de moluscos moi primitivos de, simetría bilateral, caracterizados por teren unha única cuncha semellente á das lapas e que viven nos mares a grandes profundidades (de aí o seu nome inglés Deep-sea Limpets.[1][2]

Considerábase que era un grupo de moluscos extintos do paleozoico, xa que só se coñecían fósiles dos períodos Cámbrico e Devoniano que se englobaban dentro do grupo dos pateláceos (gasterópodos prosobranquios), pero que difiren destes porque teñen moitos pares de músculos dispostos simetricamente e inseridos na cara interna da cuncha.[2]

O nome Monoplacophora foi cuñado en 1940 polo malacólogo sueco Nils Hjalmar Odhner para designar este grupo de moluscos.[2] Pero en 1952 encontráronse exemplares vivos da especie Neopilina galatheae nunha profunda fosa submarina preto do litoral de Costa Rica, en América Central,[3] o que veu a confirmar as hipóteses de Odher.

Desde o descubrimento de Neopilina colectáronse individuos de Monoplacophora de diferentes, sempre en augas profundas —entre os 2 000 e os 7 000 m de profundidade— no océano Pacífico Oriental, no Atlántico Meridional e no golfo de Adén.

Os monoplacóforos, que presentan algunhas relacións cos poliplacóforos, considéranase hoxe como o grupo basal do que derivaron os moluscos das clases dos gasterópodos, bivalvos e cefalópodos.

Características xerais

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía externa

[editar | editar a fonte]
Helcionopsis striata.
Cara ventral de N. galatheae.

Os monoplacóforos son moluscos de simetría bilateral con numerosos órganos metamerizados (nefridios, branquias, gónadas, músculos retractores do pé), tres pares de celomas (pericardio par, celoma visceral dorsal par, gónadas pares), e sistema nervioso semellante ao dos poliplacóforos, pero carecen de ollo]s, e cunha cuncha única de aspecto pateloide (semllante á das lapas, practicamente de simetría bilateral e cunha forma que varía desde a cónica até a cupuliforme.

A cara dorsal do animal está recuberta pola fina cuncha, de contorno case circular e na que se aprecian na súa superficie externa liñas de crecemento concéntricas. A súa estrutura recorda á dos bivalvos. Nela distínguense un perióstraco superficial, unha capa prismática e unha capa de nácar. A cuncha esténdese totalmente polo dorso do animal e cobre o palio.

A cara ventral recorda á dos poliplacóforos. A parte central está ocupada polo , de forma case circular, rodeado dun suco paleal no que se encontran cinco ou seis pares de branquias (segundo as especies), na base das cales se abren os orificios de cadanseu nefridio (nefridióporos), dispostos de maneira alterna con oito pares de músculos dorsais que están adheridos, en ambos os extremos, á cuncha e ao pé, respecticvamente.

A boca é anterior e presenta lateralmente anchos lóbulos ciliados, análogos aos palpos labiais dos bivalvos. O labio inferior está asociado a un par de saíntes, os chamados pedúnculos tantaculares, cada un dos cales presenta tentáculos postorais, dispostos en abano.

Morfoloxía interna

[editar | editar a fonte]

O sistema celomar, que é grande, comprende tres pares de cavidades pares: o pericardio, que se prolonga ao redor das dúas aortas anteriores; a cavidade celómica visceral, en posición dorsal e formada por un par de sacos aplanados situados xusto debaixo da cuncha, e o celoma gonadal, que contén as gónadas, en posición ventral.

Aparello dixestivo

[editar | editar a fonte]
Esquema da estrutura interna de Micropilina sp.

É similar ao do resto dos moluscos.

A abertura bucal está delimitada por dous labios cubertos por unha espesa cutícula. Os tentáculos que os rodean recollen as parículas nutritivas (detritos, radiolarios).

Da boca parte a farinxe, na que se sitúa a rádula, que se continúa polo esófago, que é rectilíneo e se abre no estómago, xusto por riba do bordo anterior do pé. Anexa ao estómago hai unha glándula dixestiva, dividida en numerosos lóbulos.

Da cara posterior do estómago xorde o intestino, a nivel do mcal se orixina un curto cego no que se forma o talo cristalino.

O intestino describe seis voltas e prolóngase nun recto rectilíneo e en posición medial, que remata no ano, situado no suco paleal, por detrás do pé.

Sistema muscular

[editar | editar a fonte]

Os músculos retractores do pé, moi desenvolvidos, están dispostos en oito pares distribuídos metamericamente. Os músculos bucais forman un complexo conxunto responsábel dos movementos do aparato radular e da farinxe. As fibras musculares son lisas, agás as dos músculos rotadores do aparato radular, que son estriadas.

Sistema nervioso

[editar | editar a fonte]

É moi parecido ao dos quitóns. Está formado por dous ganglios cerebroides unidos por dúas comisuras, unha cerebral e outra subcerebral. O ganglio cerbroide de cada lado continúase nun cordón nervioso lateral e nun cordón pedio. Os dosu cordóns laterais únense por detrás do pé, e os dous cordóns pedios reúnense na rexión posterior do pé. Os cordóns pedios únense entre si por unha soa comisura interpedia.

Existen células sensoriais na cara ventral. A ambos os lados do corpo están situados dous estatocistos, incluídos no tecido conxuntivo. A presenza de estatocistos separa aos monoplacóforos dos poliplacóforos, netes que os acerca aos conchíferos. Tamén son óganos sensoriais os tentáculos preorais; os seus nervios proceden directamente dos ganglios cerebroides.

Aparato circulatorio

[editar | editar a fonte]

É semellante ao dos poliplacóforos. O sangue circula por seos sanguíneos orixinados nos tecidos. Unicamente existen vasos nas proximidades do corazón. Este é par, situado a ambos os lados do recto, por debaixo do bordo posterior do pé, e está rodeado por un saco pericárdico. Cara a adiante prolóngase por unha arteria aorta, nun pincio par e que despois se fai impar debido á unión dos dous vasos, abríndose nos seos sanguíenos cefálicos. Existe tamén un seo periintestinal e outro que rodea os cordóns nerviosos pedios. O sanghe chega ao corazón conducido por dous seos laterais, que desembocan en dous pares de atrios ou aurículas.

Aparato excretor

[editar | editar a fonte]

O aparato excretor está representado por seis ou oito pares de nefridios que se abren nunha prega do palio, aos lados dos grandes músculos retractores do pé. O nefridio orixínase nunha especie de embude que se abre no celoma e se continúa por un canal que desemboca nun saco provisto de lóbulos cegos e que se abre ao exterior mediante un canal que desemboca no poro nefrídico (nefridióporo).

Aparato repodutor

[editar | editar a fonte]

Nos monoplacóforos os sexos están separados (son dioicos). As gónadas están situadas en posición ventral, situadas baixo o intestino, e por riba da parede do pé. Presentan un aspecto moito máis lobulado nos machos que nas femias. Os machos teñen dous pares de testículos e, en correspondencia, dous pares de condutos deferentes, que se abren a nivel do 3º e o 4º nefriduios de cada lado. Non existen órganos copuladores nin glándulas accesorias. Nas femias existen probabelmente dous pares de ovarios e de ovidutos. Os gametos saen a través dos gonóporos ao exterior, ons de produce a fecundación.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A mairoría dos autores outóganlle a descrición da clase a Odhner, en 1940, de acordo co traballo de W. Wenz (1940): "Ursprung und frühe Stammesgeschichte der Gastropoden". Archiv für Molluskenkunde 72: 1-110.[4] Porén, algúns atribúenlla a Knigth, en 1952.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo Monoplacophora está construído polos elementos do latín científico mono-, calco do grego antigo μονο- mono-, de μόνος mónos, 'só', 'único'; placho-, tirado do grego antigo πλάξ pláx, 'lámina', 'placa', e -phora, forma plural de -phoro, derivada do grego antigo φορός phorós, 'o que leva'. Literalmente: 'os que teñen unha soa placa (cuncha)'.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Os monoplacóforos son un grupo pequeno que comprenda na acutalidade unhas 30 especies viviventes, distribuídas en 7 xéneros.

A clasificación, segundo o World Register of Marine Species é a seguinte:[4]

Clase Monoplacophora Odhner, 1940

  • Orde Tryblidiida Lemche, 1957 [6]
    • Familia Neopilinidae Knight & Yochelson, 1958 [7]
      • Xénero Adenopilina Starobogatov & Moskalev, 1987
        • Adenopilina adenensis (Tebble, 1967)
      • Xénero Laevipilina McLean, 1979
        • Laevipilina antarctica Warén & Hain, 1992
        • Laevipilina cachuchensis Urgorri, García-Álvarez & Luque, 2005
        • Laevipilina hyalina (McLean, 1979)
        • Laevipilina rolani Warén & Bouchet, 1990 [8]
        • Laevipilina theresae Schrödl, 2006
      • Xénero Micropilina Warén, 1989
        • Micropilina arntzi Warén & Hain, 1992
        • Micropilina minuta Warén, 1989
        • Micropilina rakiura B. A. Marshall, 1998
        • Micropilina reinga B. A. Marshall, 2006
        • Micropilina tangaroa B. A. Marshall, 1990
        • Micropilina wareni B. A. Marshall, 2006
      • Xénero Monoplacophorus Moskalev, Starobogatov & Filatova, 1983
        • Monoplacophorus zenkevitchi Moskalev, Starobogatov & Filatova, 1983
      • Xénero Neopilina Lemche, 1957
        • Neopilina bruuni Menzies, 1968
        • Neopilina galatheae Lemche, 1957
        • Neopilina rebainsi Moskalev, Starobogatov & Filatova, 1983
        • Neopilina starobogatovi Ivanov & Moskalev, 2007
      • Xénero Veleropilina Starobogatov & Moskalev, 1987
        • Veleropilina brummeri (Goud & Gittenberger, 1993)
        • Veleropilina capulus (B. A. Marshall, 2006)
        • Veleropilina euglypta (Dautzenberg & H. Fischer, 1897)
        • Veleropilina goesi (Warén, 1988)
        • Veleropilina oligotropha (Rokop, 1972)
        • Veleropilina reticulata (Seguenza, 1876)
        • Veleropilina segonzaci (Warén & Bouchet, 2001)
        • Veleropilina seisuimaruae Kano, S. Kimura, T. Kimura & Warén, 2012
        • Veleropilina veleronis (Menzies & Layton, 1963)
        • Veleropilina zografi (Dautzenberg & H. Fischer, 1896)
      • Xénero Vema Clarke & Menzies, 1959
        • Vema bacescui (Menzies, 1968)
        • Vema ewingi (Clarke & Menzies, 1959)
        • Vema levinae Warén, 1996
        • Vema occidua B. A. Marshall, 2006
  1. Monoplacophora na EOL.
  2. 2,0 2,1 2,2 Grassé, P.-P., et al. (1976), p. 391)
  3. Lowenstam, Heinz A. & Stephen Weiner (1969): On Biomineralization. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1954-4977-2, p. 89.
  4. 4,0 4,1 Monoplacophora Odhner, 1940 no WoRMS.
  5. Monoplacophora Knight 1952 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  6. Tryblidiida no WoRMS.
  7. Neopilinidae no WoRMS.
  8. Así denominada na honra do malacólogo galego Emilio Rolán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Giribet, G.; A. Okusu; A. R. Lindgren; S. W. Huff; M. Schrödl & M. K. Nishiguchi (2006): "Evidence for a clade composed of molluscs with serially repeated structures: monoplacophorans are related to chitons". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (20): 7723-7728.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Poliplacóforos o quitones", pp. 384–391, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 391–396.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Monoplacophora", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 134–135.
  • VV. AA. (1968): "Monoplacóforos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 256–257.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]