Manto (moluscos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lura (Loligo vulgaris). O manto é todo o que se ve tras a cabeza: a parede corporal externa e as aletas son parte do manto.

O manto,[1] tamén denominado palio,[2] é unha das tres partes en que adoita dividirse a anatomía dos moluscos (as outras dúas son a cabeza e o ).

É a parte dorsal da parede do corpo que cobre a masa visceral.

É un órgano de orixe ectodérmica cuxas células epiteliais segregan carbonato cálcico e conquiolina, que orixinan espículas epidérmicas, placas ou a cuncha.[3]

O manto es un órgano musculoso e ten, con frecuencia, o aspecto dunha capa (de aí o seu nome) xa que, en moitos grupos de moluscos, esténdese máis alá do corpo formando unha estrutura de dobre parede en forma de lapela que se adapta a usos moi diferentes como, por exemplo, a función de sifón. Nos cefalópodos a contracción do manto forza á auga a saír a través do sifón, o que impulsa ao animal, que se despraza así con gran rapidez. Noutros moluscos úsase para a locomoción, como unha especie de pé.

A maioría dos moluscos posúen no manto unha cavidade, situada primariamente en posición posterior, chamada cavidade do manto ou, máis frecuentemente, cavidade paleal, onde se aloxan as súas complexas branquias e os osfradios, e onde se abren o ano, os nefróporos e os gonóporos.

Características[editar | editar a fonte]

O brillante colorido do manto da ameixa xigante (Tridacna gigas) protéxea da luz solar.

O manto está total ou parcialmente escondido no interior da cuncha; nas especies coa cuncha reducida, o manto é máis visíbel; nas limachas, que carecen de cuncha, o manto é totalmente visíbel.

Nos gasterópodos, o manto e a masa visceral sofren unha torsión de 90 a 180º de modo que a cavidade paleal se sitúa en posición lateral ou anterior.[3]

Nos bivalvos, as células do manto almacenan glicóxeno, que serve como reserva de enerxía que se utiliza durante a marea baixa, cando se interrompe a subministración de nutrientes.

Nos cefalópodos, o manto recobre o corpo enteiro e forma unha prega que limita a cavidade branquial (os nautiloideos son tetrabranquios e os coleoideos son dibranquios). Esta pel está enteiramente cuberta de órganos coloreados, es cromatóforos, que, estimulados polo cerebro, permiten a estes animais cambiar mois rapidamente de cor. Debaixo das células pigmentadas existen células irisadas que reflicten a luz. A contracción brusca e simultánea dos músculos do manto permiten expulsar a auga da cavidade paleal e así propulsan cara a atrás ao (natación por retropopulsión).

Nos aplacóforos, molusques de pequeno tamaño, vermiformes e desprovistos de cuncha, o manto segrega pequenas espículas que poderian corresponder a un esbozo de cuncha.

Nos poliplacóforos, o casco dorsal está formado por oito placas calcarias articuladas rodeadas por un cinto igualmente segregado polo manto. Ao nivel do cinto, os tecidos paleais segregan tamén espículas calcarias, escamas calcarias ou serdas quitinosas (ou os tres tipos de estruturas).

Formación da cuncha[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cuncha.

O manto forma a cuncha dos moluscos e fai que creza en tamaño e grosor durante o desenvolvemento do animal. O material para formar a cuncha (carbonato cálcico e conquiolina) é segregado polas células epiteliais do manto.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. manto4 no dicionario da RAG.
  2. palio4 no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid, etc.: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  4. "Integument (mollusks)". Encyclopædia Britannica. 2009. Encyclopædia Britannica 2006 Ultimate Reference Suite DVD.