Conduto deferente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sección vertical dun testículo. O conduto deferente (ductus deferens) atópase etiquetado á dereita.

Os condutos deferentes constitúen parte da anatomía masculina dalgunhas especies, incluíndo a humana. Son un par de tubos musculares rodeados de músculo liso, cada un de 35 a 45 cm aproximadamente, que conectan o epidídimo con os condutos exaculadores intermediando o percorrido do seme entre estes.

Durante a exaculación os tubos lisos contráense, enviando o seme cara os condutos exaculatores e logo á uretra, dende onde é expulsado ao exterior.

A vasectomía é un método de anticoncepción mediante o cal se cortan os condutos deferentes.

Os condutos deferentes encóntranse no interior do cordón espermático. O cordón espermático é a estrutura que pasa polo conduto inguinal masculino e no seu desenvolvemento embriolóxico como gubernáculo, fai que os testículos descendan cara unha "bolsa" chamada escroto.

O cordón espermático está composto por tres capas ou fascias:

  1. Fascia espermática externa: provén da aponeurose do músculo oblicuo externo.
  2. Fascia cremastérica: provén da aponeurose do músculo oblicuo interno.
  3. Fascia erpermática interna: provén da aponeurose do músculo transverso do abdome

O cordón espermático pode non cerrarse ou facelo dunha forma incompleta no desenvolvemento embriolóxico, ocasionando así "hidrocele", o cal pode correxirse co tempo, pero a pesar diso, representa un futuro risco de que ese neno na etapa adulta forme unha hernia indirecta (hernia lateral aos vasos epigástricos inferiores.)

A hernia directa por outro lado desenvólvese no Triángulo de Hesselbach, situado medial aos vasos epigástricos , superior ao ligamento inguinal e lateral ao músculo recto do abdome e ao músculo piramidal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]