Músculo estriado
Aparencia
Músculo estriado | |
---|---|
A. Porción dunha fibra muscular estriada esquelética humana de tamaño mediano ampliada case 800 veces. B. Paquetes separados de miofibrilas ampliados. | |
Latín | textus muscularis striatus (TH 2.00.05.2.00001) |
O músculo estriado ou tecido muscular estriado é o tecido muscular cuxas fibras musculares conteñen filamentos proteicos de actina e miosina e outras proteínas, que forman sarcómeros, e presentan unha disposición moi ordenada, de modo que a superposición de filamentos nunha zonas crea bandas escuras e a non superposición crea bandas máis claras, que se alternan, o que lle dá un aspecto estriado visto ao microscopio. Contraponse ao músculo liso, onde os filamentos proteicos non están ordenados e non se observa estriación. Hai dous grandes tipos de tecido muscular estriado:
- Músculo esquelético. Forma os músculos unidos ao esqueleto que se contraen voluntariamente e é responsable dos movementos voluntarios do corpo. As súas fibras son sincitios. Segundo a súa orixe embriolóxica pode ser músculo esquelético derivado dos somitas do embrión, e músculo branquiomérico derivado dos arcos branquiais embrionarios (comprende músculos da cabeza e pescozo).
- Músculo cardíaco. Forma o miocardio do corazón e é responsable das contraccións do corazón que bombean o sangue. É un músculo estriado involuntario formado por células non sinciciais e ramificadas.[1][2]
- Artigos principais: Músculo esquelético e Músculo cardíaco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 267. ISBN 84-7605-361-4
- ↑ Striated muscle. Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing, & Health Professions (9th ed.). 2012.