Saltar ao contido

Aurícula cardíaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurícula cardíaca
atrium cordis Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Identificadores
Freebase/m/04sf9m Editar o valor en Wikidata
MeSHD006325 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12728 Editar o valor en Wikidata
TA 98A12.1.00.017
CIE-111170554644 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777615863, C2777001951 e C2910034267 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Sección do corazón onde vemos a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo.

As aurículas cardíacas son dúas das catro cavidades que hai na parte superior do interior do corazón. As dúas aurículas denomínanse, segundo a súa localización anatómica, aurícula dereita e mais aurícula esquerda (segundo o punto de vista do paciente). Sepáranse dos ventrículos (as outras dúas cavidades inferiores) por medio das válvulas auriculoventriculares, isto é, as válvulas mitral (para a esquerda) e tricúspide.

A aurícula dereita recibe o sangue que provén das veas cavas (superior e mais inferior), que traen o sangue desosixenado dende os tecidos do organismo. Por outra banda, aurícula esquerda, recibe o sangue que vén dos pulmóns. A aurícula esquerda posúe un apéndice chamado apéndice atrial esquerdo (do inglés left atrial appendage, onde a aurícula se coñece como atrium, "adro", e denominado en castelán como orejuela).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]