A malacoloxía (do gregoμαλακός, "brando" e λογία, "estudo") é unha rama da zooloxía que se encarga do estudo dos moluscos. Os campos de investigación da malacoloxía inclúen taxonomía, ecoloxía, paleontoloxía e máis evolución. Os coñecementos da malacoloxía teñen aplicacións médicas, veterinarias e agrarias, e válese dos moluscos como mediadores de enfermidades, tal que a esquistosomiase.