Victoriano Urgorri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victoriano Urgorri
Nacemento23 de xaneiro de 1951
Lugar de nacementoA Cabana
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbiólogo mariño
Na rede
Dialnet: 633606
editar datos en Wikidata ]

Victoriano "Vituco" Urgorri Carrasco, nado na Cabana (Ferrol) o 23 de xaneiro de 1951,[1] é un científico galego, licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de zooloxía mariña nesta mesma Universidade.

Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártida, Portugal, Concas Abisais de O Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias (Sección de Biolóxicas) en xullo de 1974 pola Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en outubro do mesmo ano e doutorándose en xuño de 1981 tamén na USC. É catedrático[2] de zooloxía mariña no departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Pertence a varias sociedades científicas, como a Real Sociedad Española de Historia Natural, Sociedad Española de Malacología, Area de Ciencias Biolóxicas do Seminario de Estudos Galegos, Malacological Society of London, Societá Malacologica Italiana, California Malacozoological Society e Unitas Malacologica.

Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol).

Tivo diversos cargos relacionados coa universidade de Santiago de Compostela como: subdirector/vicedirector do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" da Universidade de Santiago de Compostela, desde 1982; director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Ferrol) da Universidade de Santiago de Compostela,[3] desde 2001 ata 2021; desde 2005 foi coordinador do Grupo de Investigación GI-2107 Oceanografía e Limnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; dende 2011 foi membro do Equipo de Goberno do Campus do Mar, en representación da Universidade de Santiago de Compostela e Director da Unidade de Biodiversidade e Recursos Mariños do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén tivo varios cargos dependentes da Xunta de Galicia como a presidencia da Comisión Técnica do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, desde 2007 e tamén foi membro en representación da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, na Comisión de Coordinación e Seguimento das Actividades dos Buques Oceanográficos (COCSABO), desde 2007 ata 2010.

Dende 2021, é profesor Emérito pola Universidade de Santiago de Compostela.[4]

Actividade docente[editar | editar a fonte]

  • Profesor de Zooloxía Mariña na Licenciatura de Bioloxía na Facultade de Bioloxía
  • Profesor de Biodiversidade de Animais Mariños no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade de Fondos Mariños: O bentos profundo no máster Biodiversidade e Conservación do Medio Natural
  • Profesor de Biodiversidade Animal no máster Medio Ambiente e Recursos Naturais

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Urgorri, V. & Besteiro, C. (1988). Inventario Dos Equinodermos De Galicia (echinodermata). Seminario De Estudos Galegos. ISBN 978-84-7492-367-4. 
  • Urgorri, V. [et alii] (1994). Seminario bioloxía molecular e biomedicina. Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-708-5. 
  • Urgorri, V. [et alii] (2008). Metodología para la recolección, conservación y estudio de los Moluscos Solenogastros. Sociedad Española de Malacología. ISBN 84-398-3926-X. 
  • Urgorri, V. & Señarís, M.P. [Coordinadores] (2012). Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo crítico. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-39-7. 
  • Trigo, J.E.; Díaz Agras, G.J.; García Álvarez, O.L.; Guerra, A.; Moreira, J.; Pérez, J.; Rolán, E.; Troncoso, J.S. & Urgorri, V. (2018). Troncoso, J.S., Trigo, J.E. & Rolán, E., ed. Guía de los Moluscos Marinos de Galicia. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo. 836 pp. ISBN 978-84-8158-787-6.
  • 20 capítulos ou fascículos en obras colectivas:
    • Urgorri, V. [et alii] (2007). Mares de Finisterrae. Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-84-9785-400-9. 
    • Urgorri, V. [et alii] (2007). Voz Natura, diez años de compromiso medioambiental. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. ISBN 978-84-9757-236-1. 
    • Urgorri, V. [et alii] (2021): "Doris adrianae sp. nov. (Heterobranchia; Nudibranchia; Doridina) de las costas de Galicia (NW Península Iberica)". Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía). 28: 1-33.
  • 30 máis entre limiares, presentacións, publicacións audiovisuais e artigos de divulgación.
  • 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Especies descritas[editar | editar a fonte]

Honras e distincións[editar | editar a fonte]

  • En 2001 recibiu a distinción de Ferrolán do Ano do Concello de Ferrol.[7]
  • En 2009 recibiu a distinción de Veciño de Honra da Vila da Graña, Ferrol.[8]
  • En 2019 recibiu o premio do I Caballito de Plomo do Club do Mar, Ferrol.[9]

Especies nomeadas na súa honra[editar | editar a fonte]

Ata o de agora un total de once especies e un xénero foron denominados na súa honra:

  • En 1980, González & Malicky denominaron unha especie de Tricópteros como Hydropsyche urgorrii.[10]
  • En 1994, Vázquez denominou unha especie de Ascidia como Aplidium urgorrii.[11]
  • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron un xénero de Solenogastro como Urgorria.[12]
    • En 2001, García-Álvarez & Salvini-Plawen denominaron unha especie deste xénero como Urgorria compostelana.[13]
    • En 2003, Salvini-Plawen denominou unha especie deste xénero como Urgorria monoplicata.[14]
  • En 2002, Cristobo denominou unha especie de esponxa como Tedania (Tedania) urgorrii.[15][16]
  • En 2003, Moreira, Gestoso & Troncoso denominaron unha especie de Malacostráceos como Sarsinebalia urgorrii.[17]
  • En 2007, Moreira & Parapar denominaron unha especie de Poliquetos como Synelmis urgorrii.[18]
  • En 2010, Peñas & Rolán denominaron unha especie de Gasterópodos como Turbonilla urgorrii.[19][20]
  • En 2015, Zamarro & García-Álvarez denominaron unha especie de Solenogastro como Kruppomenia vitucoi.[21]
  • En 2016, Señarís & García-Álvarez denominaron unha especie de Caudofoveados como Falcidens urgorrii.[22]
  • En 2017, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Pareurystheus vitucoi.[23]
  • En 2018, Guerra-García, Tato & Moreira denominaron unha especie de Crustáceos como Liropus vitucoi.[24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Urgorri Carrasco, Victoriano". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 570. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  3. "Estación de Bioloxía Mariña de Ferrol" (PDF). adega.gal. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  4. ECG, Redacción. "La USC acaba de seleccionar a diez de sus profesores eméritos para los próximos tres cursos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 
  5. https://www.biotaxa.org/Zootaxa/article/view/zootaxa.4550.2.1
  6. https://opistobranquis.info/es/guia/nudibranchia/cladobranchia/dendronotoidea/doto-verdicioi/
  7. http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/portada3d92.html?p=5678
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  9. "Entrega del primer premio CABALLITO DE PLOMO". Club do Mar Ferrol (en castelán). 2019-10-25. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-10. 
  10. González, M. A. (1988). Inventario dos Tricópteros de Galicia (Insecta: Trichoptera). - Cad. Área Cienc. Biol.(Inventarios), Sem. Est. Gall., II Ocastro-Sada, A Coruña: Ed. do Castro. 45 pp.
  11. Vazquez, E. (1994). A new species of the genus Aplidium Savigny, 1816 (Ascidiacea, Polyclinidae) from the Spanish Atlantic coast. Sarsia. 79: 53-57.
  12. García-Álvarez, Óscar; v. Salvini-Plawen, Luitfried (2007). "Species and diagnosis of the Families and Genera of Solenogastres (Mollusca)". Iberus. 25 (2): 73–143.
  13. García-Alvarez O. & Salvini-Plawen L. v. (2001). Urgorria compostelana gen. et sp. nov. (Mollusca, Solenogastres, Rhopalomeniidae), an new species from off Galicia, Northwest of Spain. Sarsia 86(3): 183-189
  14. Salvini-Plawen, L. von, 2003. Contributions to WestMediterranean Solenogastres (Mollusca) with three new species. Iberus, 21(2): 37-60.
  15. Cristobo F.J. (2002) The Genus Tedania (Porifera, Demospongiae, Poecilosclerida) in the Waters of the Iberian Peninsula (Northeast Atlantic) with a Description of Two New Species., Sarsia 87(5): 362-377.
  16. Van Soest, R.W.M.; Boury-Esnault, N.; Hooper, J.N.A.; Rützler, K.; de Voogd, N.J.; Alvarez, B.; Hajdu, E.; Pisera, A.B.; Manconi, R.; Schönberg, C.; Klautau, M.; Picton, B.; Kelly, M.; Vacelet, J.; Dohrmann, M.; Díaz, M.-C.; Cárdenas, P.; Carballo, J.L.; Ríos, P.; Downey, R. (2019). World Porifera Database. Tedania (Tedania) urgorrii Cristobo, 2002. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=169591 on 2019-04-22
  17. Moreira, J., Gestoso, L. y Troncoso, J. S., 2003. Two new species of Sarsinebalia (Crustacea, Leptostraca) from the Northeast Atlantic, with comments on the genus. Sarsia, 88(3): 189-209.
  18. Moreira, J.; Parapar, J. (2007). A new species of Synelmis (Annelida: Polychaeta: Pilargidae) from the continental slope off Galicia (north-western Iberian Peninsula). Journal of the Marine Biological Association of the UK. 87(05): 1117-1120.
  19. Peñas A.; Rolán E. (2010). Deep water Pyramidelloidea of the tropical South Pacific: Turbonilla and related genera. In: Gofas S. (ed.) Tropical Deep Sea Benthos 26. Mémoires du Muséum National d'Histoire Naturelle. 200: 1-436.
  20. MolluscaBase (2019). MolluscaBase. Turbonilla urgorrii Peñas & Rolán, 2010. Accessed through: World Register of Marine Species at: http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=475483 on 2019-04-22
  21. Zamarro, M.; García-Álvarez, Ó.; Urgorri, V. (2015). On the biodiversity of the family Simrothiellidae (Mollusca, Solenogastres) in the upper-slope of the NW Iberian Peninsula with the description of three new species. Marine Biodiversity. 46: 655-680.
  22. Perez Señarís M., García-Álvarez Ó. & Urgorri V. (2016). Four new species of Chaetodermatidae (Mollusca, Caudofoveata) from bathyal bottoms of the NW Iberian Peninsula. Helgoland Marine Research. DOI 10.1186/s10152-016-0475-6.
  23. Tato, R.; Moreira, J. (2017). Two new species of the Suborder Senticaudata (Crustacea: Amphipoda) from the upper continental slope off Galicia (NW Iberian Peninsula). Zootaxa. 4300(2): 217.
  24. Guerra-García, J. M.; Tato, R.; Moreira, J. (2018). Caprellidae (Crustacea: Peracarida: Amphipoda) from deep-sea waters off Galicia (NW Iberian Peninsula) with the description of a new genus and three new species. Zootaxa. 4532(2): 151-202.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]