Saltar ao contido

Neopilina galatheae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neopilina galatheae

Neopilina galatheae.
Museo Zoolóxico da Universidade de Copenhague.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria

Protostomia

Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Monoplacophora
Orde: Tryblidiida
Familia: Neopilinidae
Especie: N. galatheae
Nome binomial
Neopilinda galatheae
Lemche
Artigo principal: Monoplacóforos.

Neopilina galatheae é unha especie de molusco monoplacóforo da súa única orde, a dos triblidíidos, e da familia dos neopilínidos.[1]

Esta especie foi descuberta e descrita en 1957 polo malacólogo sueco Henning Mourier Lemche, no curso dunha viaxe ocanográfica levada ao cabo no buque Galathea.[2][3][4]

Os monoplacóforos é unha clase de moluscos moi primitivos, de simetría bilateral, caracterizados por teren unha única cuncha semellente á das lapas e que viven nos mares a grandes profundidades (de aí o seu nome inglés Deep-sea Limpets.[5][6]

Este grupo considerábase extinguido no paleozoico, xa que só se coñecían fósiles dos períodos cámbrico e devoniano. O nome monoplacóforos (Monoplacophora) fora cuñado en 1940 polo malacólogo sueco Nils Hjalmar Odhner para designar este grupo de moluscos.

Pero no ano 1957, como quedou dito, Lemche encontrou exemplares vivos da especie Neopilina galatheae nunha profunda fosa submarina preto do litoral de Costa Rica, en América Central, o que veu a confirmar as hipóteses de Odher.[6]

Desde o descubrimento de Neopilina colectáronse individuos de Monoplacophora de diferentes, sempre en augas máis ou menos, no océano Pacífico Oriental, no Atlántico Meridional e no golfo de Adén.

Os monoplacóforos, que presentan algunhas relacións cos poliplacóforos, considéranase hoxe como o grupo basal do que derivaron os moluscos das clases dos gasterópodos, bivalvos e cefalópodos.

  1. Neopilina galatheae Lemche, 1957 no WoRMS.
  2. Lemche, Henning (1957): "A new living deep-sea mollusc of the Cambro-Devonian class Monoplacophora". Nature, 179: 413–416.
  3. Lemche, H.; Wingstrand, K.G. (1959). "The anatomy of Neopilina galatheae Lemche, 1957 (Mollusca, Tryblidiacea)". Galathea Rep. 3: 9–73. 
  4. Wingstrand, KG (1985). "On the anatomy and relationships of Recent Monoplacophora". Galathea Rep. 16: 7–94. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de abril de 2016. 
  5. Monoplacophora na EOL.
  6. 6,0 6,1 Grassé, P.-P., et al. (1976), p. 391.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Giribet, G.; A. Okusu; A. R. Lindgren; S. W. Huff; M. Schrödl & M. K. Nishiguchi (2006): "Evidence for a clade composed of molluscs with serially repeated structures: monoplacophorans are related to chitons". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (20): 7723-7728.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Poliplacóforos o quitones", pp. 384–391, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4, pp. 391–396.
  • Kano, Y.; Kimura, S.; Kimura, T. & Warén, A. (2012): "Living Monoplacophora: morphological conservatism or recent diversification?". Zoologica Scripta. 41 (5): 471-488. Ler en liña aquí.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]