Atentado do metro de Minsk de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zona acordoada da estación de Oktiabrskaya.

O atentado do metro de Minsk foi un suceso no que un explosivo acabou coa vida de 15 persoas no devandito metro de Minsk, Bielorrusia.[1] A explosión tivo lugar na Estación de Oktiabrskaya, parada que enlaza as liñas 1 e 2.[2] Aínda que a primeiras se ignoraban as causas, xa as primeiras hipóteses recollidas pola prensa apuntaban cara a un atentado,[3] encontrándose no lugar da explosión restos de metralla.

O Presidente Aleksandr Lukashenko declarou que o obxectivo da explosión era afectar a "tranquilidade e a estabilidade" e apuntou a movementos estranxeiros como posibles responsables, aínda que tamén ordenou unha investigación exhaustiva dos almacéns das instalacións armamentísticas.[4] A fiscalía iniciou unha investigación criminal e cualificou o suceso como ataque terrorista.[5] A explosión ocorreu preto da residencia presidencial de Aleksandr Lukashenko.[6][7]

Segundo o presidente da compañía metropolitana, a explosión produciuse ás 17:56 hora local. Máis tarde anunciaría que todo se produciu pola detonación dun artefacto descoñecido. Os afectados pola explosión foron trasladados a varios hospitais clínicos da capital. O tráfico tamén se viu prexudicado na Avenida da Independencia afectando só os automóbiles. Os pasaxeiros das estacións metropolitanas de Ploshcha Yayuba Kolasa e Ploshcha Lenina tiveron prohibida a entrada ao metro.

Incidente[editar | editar a fonte]

Un dos feridos recibe asistencia médica no lugar.

A detonación tivo lugar o 11 de abril de 2011 en hora punta na única estación que enlaza as dúas liñas do metro. Na plataforma central da estación, había un tren en cada unha das vías no momento da explosión.[8] Segundo as primeiras investigacións, a bomba estaba situada debaixo dun asento do tren procedente da estación Institut Kultury.[9] Fixo explosión preto do segundo vagón do tren afectado.[9] No momento da deflagración había trescentas persoas na zona e un tren sen parada procedente de Uruchcha que pasaba nese momento.[9] Segundo declaracións das testemuñas, produciuse "un flash e unha explosión" cando uns pasaxeiros saían dun tren.[4]

A explosión provocou un burato de oitenta centímetros de diámetro.[9] A forza da onda expansiva foi tan potente que moveron os trens das estaciones adxacentes de Lenina e Pobedy.[10] A explosión foi equivalente a entre cinco e sete kg de TNT.[11] De acordo coa axencia Interfax, o explosivo estaba parcialmente composto por fragmentos de metal,[12] sufrindo a maioría dos feridos danos a causa da metralla.[13] Crese que a bomba foi activada por control remoto e que era de avanzada calidade técnica.[14]

Vítimas[editar | editar a fonte]

Dúas persoas sosteñen un home ferido.

As persoas feridas foron ingresadas en cinco hospitais de Minsk.[9] Entre os feridos, vinte e dous érano en estado crítico,[9][15] morrendo un deles no hospital, e outros trinta sufriron feridas de diversa consideración.[13]

Anunciouse que as familias dos falecidos recibirían de axuda unha indemnización equivalente a 10 000 dólares estadounidenses. Á parte da compensación económica, os familiares foron atendidos por servizos sociais e psicólogos.[16]

Cidadáns (por nacionalidade) Falecidos Feridos
Bielorrusia Bielorrusia 15 195
Rusia Rusia 0 5
Flag of Armenia.svg Armenia 0 1
Flag of Turkmenistan.svg Turcomenistán 0 1
Ucraína Ucraína 0 1
Total 15 203

Como sinal de loito, o 13 abril de 2011 foi declarado día de dó nacional; puxéronse crespóns negros nas bandeiras e todos os eventos de lecer programados foron cancelados.[17]

Investigación[editar | editar a fonte]

Varios cidadáns presentan os seus respectos ás vítimas na estación do acontecemento.

O Presidente Lukashenko pediu unha investigación exhaustiva sobre a explosión.[18] Ordenoulle ao operativo de seguridade que traballaran día e noite:

Debería ter resultados a diario.[18]

Urxiu ás forzas de seguridade do Estado a cooperar coas autoridades rusas na investigación dada a experiencia destas últimas cos atentados terroristas no Metro de Moscova.[18] O Presidente declarou:

Estamos ante un gran desafío. Isto require unha resposta adecuada e debemos encontrar a solución. Hai quen non nos permitirán vivir tranquilos, e quero saber "quen?".

Tras a súa declaración fixo un chamamento á poboación para que axudasen a dar caza aos agresores:

Quero dirixirme á xente honesta e tolerante: sen vós será moi difícil dar con eses bastardos. Debedes axudarnos.[18]

Tamén esixiu unha maior transparencia na investigación e información para os cidadáns.[19]

O comité de seguridade de Bielorrusia anunciou que pagarían a calquera que dispuxese de fotos ou vídeos do ataque.[20] Un dos periódicos afíns á oposición, Nasha Niva, ofreceu material informativo.

Tres cidadáns foron detidos por difundir rumores falsos e provocar o pánico. Unha vez arrestados, acusáronos de publicar información falsa sobre novos atentados en foros de internet e redes sociais.[21]

O xefe do grupo de investigación, o subdirector Fiscal Xeral Andrei Shved anunciou que varías persoas foron arrestadas o 12 de abril e publicouse un retrato robot do posible responsable.[22][23] O xefe do comité de seguridade estatal, Vadim Zaitsev, declarou que as tres versións das causas do ataque terrorista que se están investigando apuntan a un intento de desestabilización por parte dun grupo anarquista extremista e á acción dunha persoa insana.[24]

O 13 de abril, dúas persoas foron arrestadas.[25] Simultaneamente, Lukashenko declarou que os sospeitosos admitiron a súa responsabilidade e describiu a investigación da policía e a KGB de "operación brillante".[26] Os detidos tamén admitiron ser os autores dos atentados contra unha cafetería de Vitebsk e da Praza da Independencia,[25] aínda que os motivos, segundo palabras do presidente, non se esclareceron.[27]

Ao final os dous detidos serían condenados a morte.[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Actividades fúnebres de Minsk
  2. RT.com
  3. Una fuerte explosión sacude una estación de Metro de la capital bielorrusa
  4. 4,0 4,1 "Belarus: Blast rocks Minsk metro near Lukashenko office". BBC News. 11 de abril de 2011. http://www.bbc.co.uk/news/world-europe-13042316. Consultado o 5 de febreiro de 2013. 
  5. Deadly metro blast shocks Belarus capital Minsk
  6. Генпрокуратура квалифицировала взрыв в минском метро как теракт
  7. Belarus Hunts Bombers After 12 Killed, 192 Hurt in Minsk Subway Explosion
  8. Фото: Антон Мотолько / Коммерсантъ. "Ъ-Газета - Минск рвануло по линии метро". Kommersant.ru. http://www.kommersant.ru/doc/1619729. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 "Вести.Ru: Власти Минска предлагают объявить днем траура 14 апреля". Vesti.ru. http://www.vesti.ru/doc.html?id=444155&cid=9. 
  10. "Нвебхджш Яннаыючр, Врн Оняке Бгпшбю Б Лерпн Лхмяйю «Рпъякн Бюцнмш Мю Яняедмху Ярюмжхъу» — Цюгерю.Ru | Мнбнярх Дмъ". Gazeta.ru. http://www.gazeta.ru/news/lenta/2011/04/11/n_1789165.shtml. 
  11. "Мощность взрыва в Минске составила 5-7 кг в тротиловом эквиваленте | Происшествия | Лента новостей "РИА Новости"". Rian.ru. 31-03-2011. http://www.rian.ru/incidents/20110412/363516520.html. 
  12. "Belarus: Lukashenko says Minsk metro blast was plot". BBC News Online. 11 de abril de 2011. Arquivado do orixinal o 11 de abril de 2011. http://www.webcitation.org/5xsTA7UKa. 
  13. 13,0 13,1 "Belarus seeks answers over deadly metro bombing". 12 de abril de 2011. http://www.google.com/hostednews/afp/article/ALeqM5hrVkTJdqIb8aU6_-g_ku02IvCKGg?docId=CNG.e30a2eb4dd3b97b6be7154f1f6f71d05.541. 
  14. КГБ Беларуси настаивает на том, что взрыв в метро был осуществлен по радио
  15. Число погибших при теракте в минском метро возросло до 12
  16. Семьи погибших при теракте в Минске получат по 10 тысяч долларов
  17. в ответ на комментарий читателя Алесь. "В Минске 13 апреля объявили днем траура". Telegraf.by. http://telegraf.by/2011/04/v-minske-13-aprelja-ob-javili-dnem-traura.html. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 "Лукашенко взял расследование теракта в минском метро под личный контроль | Президент | Деятельность Президента Беларуси | БЕЛТА". Belta.by. http://www.belta.by/ru/all_news/president/Lukashenko-vzjal-rassledovanie-terakta-v-minskom-metro-pod-lichnyj-kontrol_i_549766.html. 
  19. Теракты в Беларуси. Новая кровь
  20. КГБ Белоруссии заплатит за фото и видео взрыва в метро
  21. В Минске задержали распространителей слухов
  22. По делу о теракте в Минске задержаны несколько лиц - Швед
  23. публикует фоторобот террориста, Live News.
  24. КГБ: Версии теракта в Минске - попытка дестабилизировать обстановку, месть анархистов, действия психа
  25. 25,0 25,1 Detenidos dos sospechosos del atentado terrorista en el metro de Minsk, El País.es 12 de abril de 2010
  26. Tom Parfitt "Belarus police arrest two people after Minsk metro blast", The Guardian, 13 Abril 2011
  27. СРОЧНО! Теракт в минском метро раскрыт, исполнители задержаны
  28. http://actualidad.rt.com/actualidad/view/40595-Ejecutan-al-c%C3%B3mplice-del-acto-terrorista-en-metro-de-Minsk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentado do metro de Minsk de 2011