Desembarco de Alhucemas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desembarco loxístico na praia de Morro Nuevo.

O desembarco de Alhucemas[1] foi un desembarco militar levado a cabo o 8 de setembro de 1925 na baía de Alhucemas polo exército e a Armada españolas e, en menor medida, un continxente aliado francés, que propiciou o fin da Guerra do Rif, considéraselle o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial.

A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois[2] transportados desde Ceuta e Melilla pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de España, xeneral Miguel Primo de Rivera, e como xefe executivo das forzas de desembarco nas praias da baía de Alhucemas ao xeneral Sanjurjo, a cuxas ordes estaban as columnas dos xenerais xefes das brigadas de Ceuta e Melilla, Leopoldo Saro Marín e Emilio Fernández Pérez, respectivamente. Entre os xefes participantes na acción atopábase o entón coronel Francisco Franco, quen pola súa actuación á fronte das tropas da Lexión foi ascendido a xeneral de brigada. O xeneral estadounidense Dwight Eisenhower anos despois estudou a fondo a táctica empregada polos españois en Alhucemas para trazar o plan do desembarco de Normandía.

A Radio Televisión Española realizou, cara a 1980, un valioso filme documental sobre esta importante acción bélica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21 (2006): Alhucemas, desembarco de: Operación militar conxunta franco-española (1925), na baía homónima da costa setentrional de Marrocos, durante a campaña contra Abd el-Krim.
  2. Octavio Aláez Rodríguez, (1972). "La lección logística de Alhucemas". Revista General de Marina, pp. 570

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bachoud, André: Los españoles ante las campañas de Marruecos. Madrid, Espasa Calpe, 1988
  • Goded, Manuel: Marruecos. Etapas de la pacificación. Madrid, C.I.A.P., 1932
  • Hernández Mir, Francisco: Del desastre a la victoria. Madrid, Imprenta Hispánica, 1927
  • Larios de Medrano, Justo: España en Marruecos. Historia secreta de la campaña. Madrid, Stampa, 1925
  • Martín Tornero, Antonio (1991): El desembarco de Alhucemas. Organización, ejecución y consecuencias. En: Revista de Historia militar, año XXV, nº 70. Madrid, Servicio Histórico Militar. ISSn 0482-5748
  • Matthieu, Roger: Mémoires d' Abd-el-Krim. París, Librairie des Champs-Elysées, 1927
  • Ros Andreu, Juan Bautista: La conquista de Alhucemas. Novela histórica. Las Palmas, Tipografía La provincia, 1932
  • Woolman, David S.: Abd-el-Krim y la guerra del Rif. Barcelona, Oikos-Tau, 1988
  • Domínguez Llosá, Santiago: El desembarco de Alhucemas. 2002. ISBN 84-338-1919-X